Solapas principales

A veciñanza desfrutou entre risas do espectáculo de Píscore

Viernes, 16 de julio de 2021

O programa organizado pola concellaría de Cultura continuou este xoves 15 de xullo co aforo completo na comedia musical Píscore. Os “Seráns de Tapia” teñen como obxectivo levar a cultura ao rural a través de actividades coma o teatro, a literatura, os concertos e os monólogos. Podes consultar a programación completa premendo nesta ligazón.

A praia fluvial de Tapia encheuse de veciños e veciñas para asistir ao espectáculo de humor e música de Píscore. A xornada comezou ás 19.30 horas cando os artistas se subiron ao escenario nesta entorna natural. Píscore gañou o Premio do Público no Festiclown 2017 e 2019 e o Premio Domingos do Principal de Pontevedra. Píscore naceu na primavera do 2016 e homenaxea co seu nome á famosa Esther Píscore, trasunto da musa da danza, Terpsícore, nun coñecido gag de Les Luthiers. O espectáculo ten a premisa de facer rir ao público desde o virtuosismo musical, a elegancia e unha estética moi achegada á comedia xestual máis clásica.

A vindeira semana, o xoves 22 de xullo, os "Seráns de Tapia" acollerá  concerto da banda de Rock&Soul das “Broken Peach” ás 20.00 horas.

Todas as actividades son de balde e non é preciso convite ou inscrición previa.

Todos os xoves de xullo e agosto a Praia Fluvial de Tapia acollerá actividades de  literatura, concertos e monólogos. Podes consultar a programación completa premendo nesta ligazón.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Píscore asolagou a Praia Fluvial de Tapia co seu show de comedia musical"

Revista AmesGO: "Píscore nos ‘Seráns de Tapia’"

A veciñanza desfrutou entre risas do espectáculo de Píscore

Multimedia

  • A veciñanza desfrutou entre risas do espectáculo de Píscore
  • A veciñanza desfrutou entre risas do espectáculo de Píscore
  • A veciñanza desfrutou entre risas do espectáculo de Píscore