Solapas principales

A rapazada amesá desfrutou do Rock & Soul das Broken Peach

Sábado, 24 de julio de 2021

Os “Seráns de Tapia” volveron completar aforo. O programa dirixiuse este xoves 22 de xullo aos mozos e mozas do Concello de Ames cun concerto programado pola concellaría de Mocidade. As Broken Peach conseguiron coa súa música e a súa estética situar ao público en diferentes épocas e ambientes.

Soul, rock, gospel, funk ou pop soaron onte na Praia Fluvial de Tapia. A quinta edición dos Seráns de Tapia animou á rapazada amesá con este grupo formado por 4 mulleres, un batería, un baixo, e un guitarra/piano.

As Broken Peach sorprenderon aos asistentes coas súas versións pero, sobre todo, coa súa posta en escena. A súa estética coidada e transgresora deulle un toque persoal a todos e cada un dos temas que interpretaron ao longo da tarde en Tapia.

Os “Seráns de Tapia” cumpriron un xoves máis o seu obxectivo de levar a cultura ao rural a través de actividades coma o teatro, a literatura, os concertos e os monólogos. Podes consultar a programación completa premendo nesta ligazón.

A vindeira semana, o xoves 29 de xullo, os "Seráns de Tapia" acollerán o espectáculo de circo e maxia A gata Xaponesa: As viaxes de Bowa.

Concerto das Broken Peach nos "Seráns de Tapia"

Multimedia

  • Concerto das Broken Peach nos "Seráns de Tapia"