- Tematica
O Concello de Ames quere estar o máis preto posible da veciñanza e escoitar as súas queixas, suxestións e consultas. Para iso establece unha liña directa de comunicación entre o concello e a veciñanza amesá a través do whatsAmes. Esta ferramenta vai abrir unha canle de comunicación coa cidadanía a través do número 606 71 41 63.
O Concello de Ames quere escoitar aos veciños e veciñas, sentilos máis preto e darlles voz. Con ese obxectivo lanza whatsAmes, unha liña directa de comunicación entre os veciños e o Concello de Ames. A través do número 606 71 41 63 a cidadanía poderá facer chegar as súas queixas, suxestións e consultas aos membros do Goberno municipal.
Se hai unha farol sen luz, un columpio roto ou unha fochanca nunha estrada o Concello de Ames quere sabelo. Se tes algunha idea de como mellorar o noso municipio o Concello de Ames quere sabelo. Se tes dúbidas sobre o funcionamento dalgún servizo municipal o Concello de Ames quere sabelo. O Concello de Ames quere ser todo oídos e vai comezar a escoitar hoxe mesmo co novo whatsAmes.
O alcalde di que "esta nova ferramenta de comunicación entre a veciñanza e o concello pretende ser un elemento máis áxil e doado, xa que a maioría das persoas usan o whatsapp", e continúa defendendo este novo servizo como "unha aplicación con moitas posibilidades porque permite achegar fotos, arquivos de texto ou incluso xeolocalizar calquera incidencia; polo que anima á cidadanía a gardar na súa axenda de contactos este novo número de teléfono".
Esta canle de comunicación é unha aposta máis do Concello de Ames por estar máis preto da cidadanía. E ti que nos vas contar?
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia:"Ames y Brión crean líneas de comunicación de incidencias mientras Oroso suma ochenta registros en un mes"
El Correo Gallego: "O goberno local lanza un liña de Whatsapp para acercarse aos cidadáns"
Revista AmesGO: "Xa podes enviar whatsapps ao Concello de Ames"
Lindeiros: "Ames pon en marcha o WhatsAmes"