Solapas principales

Preto de 300 persoas asistiron á final de Canta con Ames

Martes, 10 de agosto de 2021

Noelia Bellas, de Bugallido, Lara López, de Negreira, e Carmen Cuevas, do Milladoiro foron as gañadoras do concurso organizado pola Concellaría de Promoción Económica. As gañadoras obtiveron unha cesta de froitas , un trofeo, un vídeo do seu paso polo concurso, un cheque de 100 euros para gastar no comercio local e a posibilidade de cantar nas prebadaladas de fin de ano. Ademais, actuarán xunto coa París de Noia o próximo 3 de setembro. O acto, presentado pola actriz María Mera, rematou cunha actuación de Sofía Rial, veciña de Ortoño e gañadora do Concurso Recantos do Luar.

Tras pasar as catro fases do concurso de Canta con Ames, o xurado xa decidiu quenes son as voces do verán. Noelia Bellas, na categoría sénior, Lara López, na xuvenil e Carmen Cuevas, da categoría infantil foron as gañadoras.

As segundas clasificadas foron Dana Virginia, Elena Mosquera e Montse Angueira, nas categorías infantil, xuvenil e sénior respectivamente.

As seis finalistas interpretaron dous temas de diferente estilo musical. Todos os participantes da final levaron como premio un trofeo, unha cesta natural de froitas e un vídeo do seu paso polo concurso. Nesta ocasión, as cestas de froitas foron da Frutería Tómate más fruta, de Bertamiráns. Nas próximas edicións contarase cunha froitería distinta do concello.

Ás semifinalistas de cada categoría outorgóuselles, ademais, un cheque de 30 euros para investir no comercio local.

Os premios foron entregados por Blas García, alcalde de Ames, Víctor Fernández, concelleiro de Urbanismo, Santiago Márquez, concelleiro do Rural, Oliva Agra, membro da Corporación e Ana Paz, concelleira de Promoción Económica.

O acto comezou entregándolle un libro do Concello e unha bolsa do Comercio local en Ames (da campaña “En Ames Témolo Todo” ) ao xurado, formado por Inés Suárez, María Eva Sebe García e Diego Moreiras, a Joel, veciño de Ames e deseñador do cartel de Canta con Ames, e á cantante amesá Sofia Rial.

A actriz, presentadora e veciña de Ames, María Mera, foi a encargada de presentar a final do Canta con Ames. Estivo vestida polo Atelerier do Milladoiro Badalada Collection.

Durante a xornada, Inés Suárez, acompañada de Marcos Valcárcel ao violín, e Eva Sebe interpretaron unhas cancións. Sofía Rial, veciña de Ortoño e gañadora do Concurso Recantos do Luar, animou o acto con dúas actuacións.

Blas García, alcalde de Ames, quixo agradecer “A colaboración das asociacións de Empresarios do Concello, XEA de Empresarios do Polígono do Novo Milladoiro e de Palmira Bulevar. Tamén agradecer á Productora Mirabelle e a Gestical Music, de Marcos Varcárcel. Ademais, agradecer a María Mera por presentar o acto. Dar as grazas tamén a Víctor Hugo, que leva sacando fotos durante todas as fases e, ademais, emitindo en streaming todo o evento. Non nos podemos esquecer do xurado e do persoal municipal, quenes montan, desmontan, limpan... e levan a cabo todas as tarefas administrativas. Quero tamén agradecer a Protección Civil que nos acompañaron durante todas as probas”.

Ademais, asegurou: “Volver a organizar a segunda edición do concurso, vémonos o ano que vén. Desde o Concello apostamos por unha cultura segura e seguiremos facendo actos adaptados ás medidas hixiénico-sanitarias”.

Pola súa banda, Ana Paz, concelleira de Promoción Económica agradeceu: “A todos o veciños/as e aos visitantes da contorna por acudir á final de Canta con Ames . Gracias a todos e todas os/as participantes do concurso que sen eles isto non sería posible. Agradecer, como o Alcalde, a toda xente que fixo posible toda a organización do concurso. Ademais, quero felicitar ás finalistas polos premios e animar ás que quedaron de segundas clasificadas a que se inscriban o ano que ven na segunda edición. Invitar os veciños e veciñas e visitantes da contorna a que volvan a desfrutar das voces das gañadoras o día 3 de setembro no Milladoiro”.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Dos amienses y una xalleira serán teloneras de la orquesta París de Noia el próximo mes"

El Correo Gallego: "El karaoke maián ya tiene reinas: Cuevas, Noelia Bellas y López"

 

Final Canta con Ames

Multimedia

  •  Lara López
  • Carmen Cuevas
  • Noelia Bellas
  • Montse Angueira
  • Elena Mosquera
  • Dana Virginia
  • Final Canta con Ames
  • Blas García e Ana Belén Paz con Sofía Rial
  • Blas García e Ana Belén Paz con Joel, o deseñador do cartaz
  • Inés Suárez, acompañada de Marcos Valcárcel ao violín
  • O xurado, formado por Inés Suárez, María Eva Sebe García e Diego Moreiras
  • María Eva Sebe García
  • María Mera