Solapas principales

O club amesá Os Esfola Arrós estará presente na nova tempada de ciclocrós

Miércoles, 29 de septiembre de 2021

O calendario de ciclocrós en Galicia comeza o 2 de outubro. Esta edición contará cunha boa representación do club amesá Os Esfola Arrós ao contar con sete corredores. Entre os participantes destaca a presenza de Uxío Canosa e David Noya que xa contan con podios na especialidade.

Estamos ás portas do arranque dunha nova tempada de ciclocrós, unha especialidade en que o club amesá OEA´s sempre estivo representado. Este ano os OEA´s contan cun bo número de corredores ao contar con sete membros na saída das probas de ciclocrós fronte aos dous ou tres de anos anteriores.

A maior cabeza visible na especialidade é Uxio Canosa (m40). Esta edición Uxío volverá estar acompañado por David Noya (m40). Tamén encontramos a Nacho Casal (sub23), que xa ten corrido en anos anteriores ao igual que Ángel Romar (m30). O debut na especialidade será de 3 corredores, Agustin Castro (elite), Esteban Crego (m30) e Manuel Alonso (cadete).

O club amesá comeza con este bloque competitivo o calendario de ciclocrós que este ano se estende entre o 2 de outubro e o 26 de decembro. Son tres meses de competición con dezasete probas programadas na nosa comunidade. O arranque será esta fin de semana no V Ciclocross Concello de Pontevedra.

Aos especialistas sobre a lama agárdalles unha tempada apaixonante, tanto pola cantidade de citas como pola súa calidade.

O club amesá Os Esfola Arrós estará presente na nova tempada de ciclocrós

Multimedia

  • O club amesá Os Esfola Arrós estará presente na nova tempada de ciclocrós