Solapas principales

Está aberto o prazo para inscribirse en dous novos obradoiros do programa con[sentido]

Viernes, 15 de octubre de 2021

“Métodos anticonceptivos” e “Elaboración dunha vulva-puff”. Estes son os dous obradoiros que a concellaría de Mocidade organiza dentro do programa de sexualidade positiva e saudable [con]sentido. Celebraranse no pazo da Peregrina o día 23 de outubro de 2021. O obradoiro de métodos anticonceptivos desenvolverase entre as 10:00 e as 13:00 horas. O de elaboración dunha vulva-puff terá lugar pola tarde, desde as 16:00 até as 20:00 horas.  Os obradoiros están dirixidos a persoas mozas dende os 14 anos, e conta con prazas limitadas. Para inscribirse débese enviar a ficha de inscrición cuberta a partir do 13 de outubro a con.sentido@agasex.org . A inscrición está aberta no enderezo electrónico con.sentido@agasex.org . Podes descargar aquí a ficha de inscrición para os obradoiros.

O programa O programa [con]sentido, desenvolvido pola Concellaría de Mocidade quere fomentar a igualdade entre os sexos, cultivar o respecto, a aceptación e a tolerancia cara todas as sexualidades, favorecer o autocoñecemento e o coñecemento das demais persoas, e promover unha vivencia libre, segura e satisfactoria da sexualidade. A tal fin, [con]sentido programa diversas desde o mes de agosto e agora tócalle quenda a aos obradoiros “Métodos anticonceptivos” e “Elaboración dunha vulva-puff”.

Métodos anticonceptivos
Malia que os métodos anticonceptivos teñen xa unha consolidada historia e tradición, así coma unha boa dispoñibilidade no noso país, o certo é que segue habendo certo descoñecemento sobre os mesmos entre a mocidade. Métodos como a pílula anticonceptiva ou o preservativo gozan de ampla
popularidade, mais existen outras posibilidades que se poden adaptar mellor ás necesidades de cadaquén.

¿Cantos métodos existen hoxe en día no mercado? ¿Ónde se poden conseguir? ¿Cómo funcionan? ¿Qué efectos secundarios teñen? ¿Contra qué me protexen? ¿A quén van dirixidos? Estas e outras moitas cuastións atoparán resposta neste obradoiro que se desenvolverá o sábado, 23 no pazo da Peregrina entre  entre as 10:00 e as 13:00 horas.

Elaboración dunha vulva-puff
A través deste obradoiro preténdense romper mitos acerca dos xenitais e impulsar unhareflexión para transgredir certos estereotipos da anatomía que forman parte do lastre que levan mulleres e homes na concepción da súa propia sexualidade. O reto desta actividade radica nun exercicio de reflexión, en internarse nos modos no que mulleres e homes se conciben, se representan e entenden os seus xenitais a partires do exercicio da súa sexualidade e da vida en sociedade; a partir de aí
proponse a elaboración e creación artística do modo no que a mocidade concibe os xenitais. A creación artística consistirá na elaboración dun puff con forma de vulva. Asemade, o exercicio servirá para discutir e cuestionar as ideas preconcebidas e estereotipos que o grupo poida ter sobre os xenitais. O obradoiro terá lugar pola tarde, desde as 16:00 até as 20: horas.

Os obradoiros están dirixidos a persoas mozas dende os 14 anos, e conta con prazas limitadas.

Para inscribirse débese enviar a ficha de inscrición cuberta a partir do 13 de outubro a con.sentido@agasex.org

Está aberto o prazo para inscribirse en dous novos obradoiros do programa con[sentido]

Multimedia

  • cartaz