Solapas principales

Inscríbete no obradoiro Autoexplórate e participa nunha sesión de zumba

Viernes, 15 octubre, 2021
A concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde pon en marcha o Obradoiro Autoexplórate. Co gallo do Día do Cancro de Mama, que se vai celebrar o martes 19 de outubro, a concellaría de Benestar Social quere sensibilizar sobre a importancia da detención precoz con estes dous obradoiros. O 18 de outubro o Obradoiro Autoexplórate será impartido pola matrona do Centro de Saúde de Bertamiráns no Pazo da Peregrina ás 19:00 horas. O 21 de outubro terá lugar un segundo obradoiro tamén impartido pola matrona do Centro de Saúde do Milladoiro no antigo Centro de Saúde do Milladoiro ás 19:00 horas. Podes inscribirte enviando un mail a promociondasaude@concellodeames.gal ou no teléfono 649 450 264. Ademais o martes 19 de outubro van organizar unha sesión de Saúde nas prazas en que se vai impartir unha sesión de zumba. Será ás 19:30 na praza da Horta de Abaixo.

Multimedia