Solapas principales

Rematan as obras nas pistas deportivas do CEIP de Barouta e CEIP Agro do Muíño

Lunes, 18 de octubre de 2021

O concelleiro de Educación, David Santomil, destacou a achega municipal nos centros escolares CEIP de Barouta e CEIP Agro do Muíño, onde veñen de realizarse actuacións de reparación e mantemento das pistas polideportivas por valor de 34.998,99 euros. Os traballos consistiron na intervención e acondicionamento do terreo e revestimentos interiores, pulidos e pintado.

Os centros escolares CEIP de Barouta e CEIP Agro do Muíño xa contan con pistas polideportivas aptas para a realización de actividades docentes, de conciliación e deportivas. A concellaría de Educación levou a cabo unha reparación das mesmas no marco do Plan de Mellora de patios escolares do Concello de Ames.

O plan contemplaba neste ano 2021 a reparación dos pavillóns destes dous centros situados en Barouta e Ortoño respectivamente. A contía da execución é de 34.998,99 euros.

As actuacións realizadas consistiron no acondicionamento do terreo, na limpeza con auga a presión do pavimento, os revestimentos interiores, pulidos e pintado de liñas.

Segundo David Santomil, concelleiro de Educación, "as obras responden á necesidade de ter o pavimento en boas condicións para a actividade docente, os programas de conciliación e práctica deportiva escolar e extraescolar que realizan o centro escolar, o Concello de Ames, clubes deportivos e ANPAS".

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Poñen a punto os polideportivos no colexio de Agro do Muíño e mais o do CEIP Barouta"

AMSGO!: "Acabadas as obras nas instalacións deportivas dos colexios de Barouta e Agro do Muíño"

Rematan as obras nas pistas deportivas do CEIP de Barouta e CEIP Agro do Muíño

Multimedia

  • Rematan as obras nas pistas deportivas do CEIP de Barouta e CEIP Agro do Muíño
  • Rematan as obras nas pistas deportivas do CEIP de Barouta e CEIP Agro do Muíño