Solapas principales

O Concello de Ames colabora cos grupos de música e baile tradicional de Ames

Sábado, 23 de octubre de 2021

A concellaría de Cultura aposta un ano máis pola promoción dos valores tradicionais no eido artístico, fomentando o asociacionismo, facilitando os locais para desenvolver as diferentes actividades, e animando á veciñanza a participar das mesmas. Así, as asociacións culturais Os Retranqueiros, Os Castros, Follas Novas e Terras de Ames ofertan diferentes aulas de música e baile tradicional que comezaron este mes de outubro.

Son catro as asociacións culturais que un ano máis imparten clases de baile e música tradicional no Concello de Ames. Do mesmo xeito a concellaría de Cultura segue a apoiar a labor destas asociacións pola conservación e transmisión da cultura tradicional galega.

A Asociación Cultural Retranqueiros oferta actividades ligadas ao baile e música tradicional durante o curso 2021-2022. Así, os interesados e interesadas en asistir poderán participar de aulas de baile tradicional; pandeireta, gaita e percusión tradicional; presolfexo, acordeón e diferentes obradoiros. As actividades desenvolveranse no Milladoiro. Para anotarse nalgunha das aulas ofertadas ou obter máis información, pódese chamar ao número de teléfono 685496615 ou ao 610 02 28 80.

A Asociación Cultural Os Castros oferta para o curso 2021-2021 as escolas de baile, gaita e percusión tradicional. As clases de iniciación impartiranse no Local Social de Bugallido. Este mesmo edificio acollerá as clases xerais de baile tradicional, os sábados de 16:30 a 19:30 e as clases de gaita e percusión tradicional os sábados de 10:00 a 13:00. Asemade, esta disciplina impartirase tamén os luns, de 20:30 a 22:15 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns; os venres, de 20:00 a 22:00 horas no Local Social de Biduído; e os domingos, de 10:00 a 11:30 horas no Local Social de Trasmonte. Para máis información, os interesados e interesadas poden chamar ao número de teléfono 690962363.

A Asociación Cultural Follas Novas oferta tamén diferentes aulas de música e baile tradicional, nas que se pode aprender percusión tradicional, gaita de fol, pandeireta, acordeón ou violín. As escolas de acordeón, gaita e percusión, violín e baile de adultos impartiranse os venres pola tarde no Centro Sociocultural de Cruxeiras (Ames). As aulas de baile e pandeireta para cativos e a pandeireta para adultos os sábados pola mañá en Aldea Nova.

Por último, a Asociación Cultural e Folclórica Terras de Ames oferta aulas de baile tradicional e pandeireta, que se desenvolverán, a partir de outubro, os martes entre as 16:30 e as 18:30 horas no Pazo da peregrina. Para máis información, os interesados e as interesadas poden chamar ao teléfono 608924242.

A concelleira de Cultura, Natividade González, destacou a importancia de poñer en valor a nosa música tradicional, onde en Ames é moi representativa desde fai moitos anos, e temos unha gran variedade de grupos que abarcan todas as idades, desde o noso concello dinamizamos a creación e mantemento destes grupos a través dun convenio para que fagan actuacións nas festas e distintos eventos.

O Concello de Ames colabora cos grupos de música e baile tradicional de Ames

Multimedia

  • O Concello de Ames colabora cos grupos de música e baile tradicional de Ames
  • O Concello de Ames colabora cos grupos de música e baile tradicional de Ames
  • O Concello de Ames colabora cos grupos de música e baile tradicional de Ames
  • O Concello de Ames colabora cos grupos de música e baile tradicional de Ames