Solapas principales

Adxudicadas as obras de interiores de Paramuíño na parroquia de Biduído

Miércoles, 27 de octubre de 2021

A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar por procedemento aberto simplificado abreviado as obras de interiores de Paramuíño á empresa Construcciones Vale S.L. A actuación ten por obxecto a realización de obras de reparación do pavimento e drenaxe e a sinalización no interior de Paramuíño. O valor das obras proxectadas ascende a 68.749 euros. Segundo o alcalde de Ames Blas García, esta nova adxudicación “amosa a aposta firme e decidida que este Goberno está a facer polos núcleos rurais do noso concello”.

O Concello de Ames segue a traballar na mellora da rede viaria existente no medio rural cunha nova actuación na parroquia de Biduído. A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar por procedemento aberto simplificado abreviado as obras dos interiores de Paramuíño. O presente contrato ten por obxecto a realización de obras de reparación do pavimento e drenaxe e a sinalización no interior desta aldea da parroquia de Biduído. Trátase de renovar o pavimento preexistente nunha superficie total de 855 m2, adaptalo ao trazado viario e canalizar as pluviais.

As obras de mellora dos interiores de Paramuíño ascenden a 68.749 euros. A Xunta de Goberno de Local adxudicou estes traballos á empresa Construcciones Vale S.L.

Características técnicas das obras
Previa demolición do pavimento actual, proponse a execución dun pavimento de formigón de 15 cm de espesor delimitado por adoquín de pedra granítica, todo elo sobre 10 cm de zahorra.

Contémplase a canalización de 220 m de tubaxe de PVC Ø400 mm xunto coa instalación de arquetas con sumidoiro e caz con reixa para a correcta recollida das augas pluviais, ademais das conexións coas baixantes das vivendas. Tamén se pretende levar a cabo a mellora dos accesos a este núcleo. No acceso sur estenderase unha capa de 5 cm de aglomerado en quente tipo AC16 B50/70 nunha lonxitude de 65 m e 3,50 m de ancho e en 25 m2 de sobreanchos, previa reparación de baches e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo. No acceso norte contémplase a mellora do viario nunha lonxitude de 335 m e 3,50 m de ancho xunto con dous sobreanchos de 25 m2 , con tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación de baches e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo.

Finalmente a actuación complétase coa execución de 65 m de cuneta de seguridade con tubo de PVC Ø400 mm de diámetro e arquetas con sumidoiro no acceso sur, a apertura de gabias e limpeza de salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal, así como a correspondente sinalización horizontal e vertical.

O alcalde e concelleiro de Obras, Blas García, manifesta a importancia destas obras que se están a facer polo rural amesán e di "sentirse satisfeito da resposta que está a dar este Goberno ás necesidades dos distintos núcleos rurais do noso concello, onde o investimento realizado nos últimos anos amosa a aposta firme e decidida polo rural". Continúa a dicir que "este é un de tantos investimentos que estamos a facer, e no caso de Paramuíño é a primeira e fundamental actuación doutra que se realizará a posteriori e onde se recollerán as pluviais desa zona".

Investimentos na parroquia de Biduído
Recorda o alcalde que durante os últimos anos se realizaron varios investimentos na parroquia de Biduído, entre os que destaca o acondicionamento e mellora dos núcleos de Fraíz e A Moniña, Biduído de Abaixo, Biduído de Arriba, Raíces, saída de Costoia pola fonte da saúde, senda desde Outeiro a Costoia, subida de Coira ao polígono. A estas actuacións hai que sumarlle a adxudicación da construción dunha senda peonil de Ventín a Coira e a licitación das obras de mellora dos interiores de Ventín "a veciñanza amesá pode comprobar cos seus propios ollos esta firme aposta do Goberno de Ames pola mellora do rural, pois estamos ante obras que se poden pisar e comprobar" remata dicindo o alcalde.

Novas relacionadas

La Voz de Galicia: "Adjudicadas las obras para reparar pavimento y drenajes en Paramuíño, en Ames"

Lindeiros:  "Adxudicadas obras de mellora na parroquia de Biduido en Ames"

Adxudicadas as obras de interiores de Paramuíño na parroquia de Biduído

Multimedia

  • Adxudicadas as obras de interiores de Paramuíño na parroquia de Biduído
  • Adxudicadas as obras de interiores de Paramuíño na parroquia de Biduído
  • Adxudicadas as obras de interiores de Paramuíño na parroquia de Biduído
  • Adxudicadas as obras de interiores de Paramuíño na parroquia de Biduído