Solapas principales

O Goberno municipal visita a empresa Producciones audiovisuales Setemedia

Miércoles, 16 de marzo de 2022

O Concello de Ames está inmerso nunha rolda de contactos coas empresas do sector audiovisual que contan con sede no concello de Ames. Neste caso o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e mailo técnico de desenvolvemento local, Juan Carlos Carreja, visitaron a empresa Producciones audiovisuales Setemedia SL, que está situada na rúa das Hedras, no parque empresarial Novo Milladoiro. Trátase dunha entidade que se encarga da produción de concertos, actos culturais, retransmisións deportivas, etc. Agora mesmo están producindo o programa da TVG “Malicia Noticias”.

O Goberno municipal está realizando unha rolda de visitas a diferentes empresas do sector audiovisual que están situadas no concello de Ames. No mes de xaneiro o alcalde de Ames, Blas García, e maila concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, visitaron as instalacións da empresa Ficción Producciones. En febreiro, continuando coa rolda de visitas visitaron as instalacións de Cinemar Films. A comezos de marzo estiveron coñecendo as empresas Zenit TV e Minervas Voice, e agora, veñen de visitar á empresa Producciones audiovisuales Setemedia SL.

Deste xeito, o alcalde de Ames, Blas García, acompañado da concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e mailo técnico de desenvolvemento local, Juan Carlos Carreja, visitaron as instalacións da empresa Producciones audiovisuales Setemedia SL, que está situada na rúa das Hedras, no parque empresarial do Milladoiro. Trátase dunha entidade que se encarga da produción de concertos, actos culturais, retransmisións deportivas, etc. Agora mesmo están producindo o programa da TVG “Malicia Noticias”.

Setemedia dispón dunha experiencia de máis de 20 anos no sector do audiovisual que avalan a profesionalidade e calidade das súas producións. Conta cun amplo equipamento técnico e un persoal cualificado. Deste xeito, dispoñen de dúas unidades móbiles para facer retransmisións e contan con dous centros de traballo: o que teñen no parque empresarial do Milladoiro (departamento administrativo e técnico) e outro en Ordes (produción de plató). Tamén contan con dúas grúas de cabezas quentes para prestar dito servizo.

Setemedia abarca desde a produción audiovisual de programas de televisión, documentais ou vídeos corporativos ata as conexións en directo, pasando por outros servizos como as retransmisións multicámara, o alugueiro de equipos ENG e a edición e postprodución. Setemedia é socia do Clúster Audiovisual de Galicia e de AEGA. Dentro dos seus obxectivos a longo prazo está a elaboración dun adecuado plan de internacionalización, co fin de acceder a novos mercados e lograr coproducións con outras compañías europeas e americanas.

Implicación do sector audiovisual

A representación municipal mantivo un encontro con Sabino López, xefe de produción; Mila Rey, responsable de recursos humanos; Fina Mandiá, da área de administración; Manuel Mosquera, do departamento comercial; e Jesús Rouco, técnico de unidades móbiles. O Goberno municipal busca implicar ás empresas do sector audiovisual para tratar de colaborar en futuros proxectos que poña en marcha o Concello de Ames.

O alcalde de Ames, Blas García, explicou “estamos facendo unha rolda de visitas ás empresas do sector audiovisual para coñecer as súas instalacións e o traballo que realizan. Dende o Goberno municipal apostamos por fomentar a ubicación de novas empresas relacionadas coa tecnoloxía e mailo audiovisual no polígono do Milladoiro. Estamos traballando en crear vías de colaboración e sinerxias coas empresas que representan un importante sector económico”.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destacou que “esta nova visita serviunos para coñecer polo miúdo o traballo que realiza Setemedia, unha produtora de servizos audiovisuais que é referente en Galicia. O noso obxectivo é facer unha aposta clara e forte polo audiovisual que temos no noso concello, con base maioritaria no polígono empresarial Novo Milladoiro”.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Miman el audiovisual maiano con visitas a Alfonsín y Setemedia"

Enfoques: "El Concello de Ames apuesta por impulsar la ubicación de empresas audiovisuales en O Milladoiro"

O Goberno municipal visita a empresa Producciones audiovisuales Setemedia

Multimedia

  • O Goberno municipal visita a empresa Producciones audiovisuales Setemedia
  • O Goberno municipal visita a empresa Producciones audiovisuales Setemedia
  • O Goberno municipal visita a empresa Producciones audiovisuales Setemedia