Solapas principales

Máis de 300 persoas participaron na segunda edición da carreira de obstáculos “Moitos camiños, mesma meta”

Lunes, 21 de marzo de 2022

O Concello de Ames, a través da Concellaría da Igualdade e da Promoción da Saúde, organizou o pasado venres, 18 de marzo, a segunda edición da carreira de obstáculos “Moitos camiños, mesma meta”. Inicialmente estaba prevista para o sábado 12 de marzo, pero debido ás inclemencias meteorolóxicas houbo que adiala unha semana. Esta carreira que se desenvolveu no parque do Ameneiral, en Bertamiráns, contou con máis de 300 participantes. Houbo un gran ambiente nesta proba na que participaron tanto adultos coma nenos/as. Esta actividade enmárcase dentro da programación do 8M que está desenvolvendo ao longo de todo o mes de marzo. Para ver a galería de fotos da carreira podes premer neste enlace.

A segunda edición da carreira de obstáculos “Moitos camiños, mesma meta” desenvolveuse nun ambiente festivo e moi familiar. Foron moitas as familias que se achegaron ao parque do Ameneiral, situado en Bertamiráns, para participar nesta iniciativa da Concellaría da Igualdade e da Promoción da Saúde. Trátase dun evento que se enmarca dentro dos actos de conmemoración do Día Internacional da Muller do 8 de marzo.

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Promoción da Saúde, Luísa Feijóo, destacou a boa acollida que tivo novamente esta iniciativa. “Trátase dunha actividade moi especial na que as persoas participantes percorreron uns 1.500 metros e se enfrontaron a 14 obstáculos, cada un deles cunha mensaxe que reflicte os atrancos aos que se enfrontan as mulleres no seu día a día. O obxectivo desta actividade é invitar á reflexión e á conversa en familia sobre ditos atrancos que seguen a ter as mulleres na súa vida”.

Nesta proba participaron numerosas familias de Ames que superaron de forma conxunta os diferentes obstáculos instalados no circuíto. Tamén participaron as concelleiras de Igualdade e Promoción da Saúde, Luísa Feijóo, e de Promoción Económica, Ana Belén Paz; a técnica municipal de Promoción da Saúde, Rosana Martínez, e mailas técnicas municipais do CIM, Soraya Añón e Mónica Antelo.

O percorrido tivo unha distancia de 1.500 metros e contou con 14 obstáculos de baixa dificultade para superar. Deste xeito, houbo zonas para rectar polo chan, pirámides, rodas, equilibrios, muros verticais, tubos, etc. Algúns deles dispuxeron de mensaxes para visibilizar os atrancos que teñen que superar as mulleres na súa vida diaria. Así puidéronse ler mensaxes como empoderamento, visibilidade, teito de cristal, igualdade de oportunidades, corresponsabilidade, mesmos dereitos, etc.

As persoas participantes foron saíndo en quendas de 25 participante, para evitar aglomeracións á hora de superar os diferentes obstáculos. Ademais, en cada obstáculo había un/unha monitor/a para explicar como superar dito obstáculo e para axudar ás/aos participantes no caso de que fose preciso. Tamén houbo unha persoa vestida de gladiador para ambientar o percorrido de dita carreira e ao cal os participantes tiñan que esquivar.

Por outra banda, contouse cunha carpa con froita e auga para entregarlles ás/aos participantes ao final da proba. Cada participante levou unha camiseta e foi premiado/a cunha medalla. Tamén se sortearon diversos agasallos. No evento estivo tamén a Plataforma Feminista de Ames, que colocou un tendal no parque para que ao rematar a proba as participantes cubrisen unha ficha cos obstáculos que teñen ou tiveron que superar.

Novas relacionadas

La Voz de Galicia: "Más de 300 personas se enfrentaron a una carrera de obstáculos por la igualdad en Ames"

El Correo Gallego: "Fulminan en familia todos los obstáculos contra las mujeres"

Imaxe da segunda edición da carreira de obstáculos “Moitos camiños, mesma meta”

Multimedia

  • Imaxe da segunda edición da carreira de obstáculos “Moitos camiños, mesma meta”

  • Imaxe da segunda edición da carreira de obstáculos “Moitos camiños, mesma meta”]
  • Imaxe da segunda edición da carreira de obstáculos “Moitos camiños, mesma meta”
  • Imaxe da segunda edición da carreira de obstáculos “Moitos camiños, mesma meta”