Miércoles, 23 marzo, 2022
- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, informa de que a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia convoca probas para a obtención dos certificados de lingua galega (niveis Celga 1, 2, 3 e 4).
As probas realizaranse nos meses de maio e xuño de 2022 en Santiago de Compostela e en Ponferrada. As datas concretas publicaranse no Diario Oficial de Galicia e mais na páxina web da SXPL.
O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria que figura no DOG do venres 18 de marzo de 2022.