- Tematica
A) PARA DAR CONTA:
Punto primeiro: Dar conta ao pleno da corporación dos decretos ditados pola Alcaldía dende a última sesión plenaria ordinaria.
Punto segundo: Dación de conta do Plan orzamentario a medio prazo do Concello de Ames 2023-2025.
B) PARA DELIBERACIÓN E ACORDO:
Punto terceiro: Aprobación, se procede, de actas anteriores (sesión ordinaria de 24.02.2022, sesión extraordinaria de 09.03.2022).
Punto cuarto: Proposta de aprobación e sinatura do convenio de colaboración entre a Sociedade Estatal Correos e Telégrafos, S.A. S.M.E. e o Concello de Ames para facilitar o ingreso en contas de titularidade municipal de xiros postais empregados para o pagamento de débedas tributarias e outras débedas de dereito público.
Punto quinto: Recoñecemento extraxudicial de créditos 1/2022/P.
Punto sexto: Aprobación definitiva restablecemento do equilibrio económico do contrato de concesión do centro deportivo municipal A Telleira (Ames).
Punto sétimo: Adxudicación do expediente de licitación tramitado por lotes (3 lotes) mediante procedemento aberto, varios criterios de adxudicación, tramitación anticipada e suxeito a regulación harmonizada dos Servizos de Monitores nos Programas Municipais de Conciliación (Comedores Escolares, Bos Dias Cole e Tardes Divertidas) do Concello de Ames.
Punto oitavo: Definición e implementación da Axenda Urbana 2030 do Concello de Ames.
Punto noveno: Aprobación inicial modificación puntual nº 1 do PXOM de Ames. Reordenación do espazo urbano Avda. Peregrina - Trav. Lodeiro.
Punto décimo: Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas para levar a cabo o acondicionamento da AC-544 dende a intersección da Avenida da Maía ata o PQ.0+610.
Punto décimo primeiro: Declaración institucional condenando a agresión a Ucraína, solicitando a retirada das tropas rusas e o respecto ao dereito internacional.
Punto décimo segundo: Declaración institucional de apoio á candidatura de Ángel Carracedo ao Premio Princesa de Asturias.
C) MOCIÓNS:
D) PARA CONTROL DO GOBERNO:
Punto décimo terceiro: Rogos e preguntas.