- Tematica
Este sábado, 23 de abril, ás 18:00 horas, no pavillón polideportivo do Milladoiro o equipo infantil feminino do Básquet Ames xogarase ante o Noia Liceo o título de liga da segunda división infantil feminina. No caso de conseguir o título de liga o equipo feminino do Básquet Ames clasificarase para a fase de ascenso a primeira división.
Despois dunha brillante temporada as rapazas do equipo infantil feminino do Básquet Ames poden proclamarse campioas de liga. Este sábado 23 de abril, ás 18:00 horas, no pavillón do Milladoiro xogarán ante o Noia Liceo para conseguir o título de liga da segunda división infantil feminina despois de gañar na pista noiesa por 49-66 o pasado día 9 de abril. No caso de conseguir o título de liga o equipo feminino amesá clasificarase para a fase de ascenso a primeira división.
Hai dous anos este grupo de xogadoras estaban integradas nas Escolas deportivas do Concello de Ames e víronse privadas de gañar o título de liga alevín pola pandemia da Covid. Dous anos despois teñen a oportunidade de resarcirse, e por iso dende o Club Básquet Ames fan un chamamento a todos os afeccionados para encher o pavillón do Milladoiro e apoiar ao equipo.