- Tematica
O horario de atención ao público para formalizar a matrícula será de 9.00 a 14.00 horas nas dependencias das escolas infantís. A documentación poderá descargarse preferentemente na seguinte ligazón https://conciliames.gal ou recollerse nas dependencias de cada unha das escolas. A EIM O Bosque está situada no número 28 da avenida da Peregrina, en Bertamiráns, mentres que a EIM A Madalena está situada no número 16 da praza da Madalena, no Milladoiro.
A documentación poderá entregarse por medio da Sede electrónica do Concello de Ames ou nas dependencias das propias escolas en horario de 9:00 a 14:00h previa cita CITA PREVIA.
Para calquera trámite será preciso solicitar cita previa nos seguintes teléfonos:
-A Madalena: 981 538 433 // Información: eiamadalena@concellodeames.gal
-O Bosque: 682 497 369 // Información: eibertamirans@concellodeames.gal