- Tematica
O Concello de Ames recupera a tradicional festa dos maiores, que este ano se celebrará o sábado 2 de xullo, ás 14.00 horas, no pavillón municipal de Bertamiráns. O xantar será gratis pero haberá que reservar praza chamando, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, aos números de teléfono: 881 074 730 / 669 119 431 / 673 739 011 / 662 377 022. O prazo para inscribirse estará aberto ata o 20 de xuño. Posteriormente, haberá que retirar o tícket do xantar na Casa da Cultura de Bertamiráns ou do Milladoiro, na Oficina de Voluntariado de Ames ou na Casa do Concello. Tamén se disporá de servizo de autobús polas parroquias para acudir á festa e volver para casa. Haberá música a cargo do dúo Eva e Camilo e sortearanse vales de compra para gastar no comercio amesán, cedidos por XEA.
Xa está aberto o prazo para inscribirse na festa dos maiores do Concello de Ames. Ata o 20 de xuño as persoas maiores de Ames poderán inscribirse para participar nesta festa que se vai a celebrar o sábado, 2 de xuño, a partir das 14.00 horas, no pavillón municipal de Bertamiráns. Para inscribirse hai que chamar, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, aos números de teléfono: 881 074 730 / 669 119 431 / 673 739 011 / 662 377 022.
Posteriormente, unha vez rematado o prazo de inscrición, abrirase un prazo para retirar os tíckets para poder acceder á festa. Os tíckets poderanse recoller na Casa da Cultura de Bertamiráns ou do Milladoiro, na Oficina de Voluntariado de Ames ou na Casa do Concello (no departamento de gabinete de Alcaldía).
A festa estará amenizada coa música do dúo Eva e Camilo. Ademais, trala comida farase un sorteo de agasallos, en colaboración coa asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA). Deste xeito, sortearanse varios vales de compras para gastar no comercio de Ames. Haberá servizo de autobús polas parroquias para recoller ás persoas que así o desexen e achegalas ata o pavillón de Bertamiráns. Ao final da festa as persoas que o desexen poderán volver empregar o servizo de autobús para regresar a súa casa.
Esta festa está dirixida ás persoas maiores de 65 anos, que estean empadroadas no Concello de Ames. Poderase acudir de xeito individual ou en parella. No caso de ir en parella será suficiente con que un dos dous membros da parella estea empadroado no Concello.
O alcalde de Ames, Blas García, explica que “este ano decidimos recuperar a tradicional festa do maiores. Cremos que é un evento que hai que volver a organizar para que os nosos maiores gocen dun día de convivencia e festa todos xuntos. Despois duns anos con pouca actividade social debido á pandemia, cremos que as persoas maiores deben recuperar a vida que tiñan antes da Covid. Animamos a todos e todas a que se inscriban e participen nesta festa”.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Anotacións para a festa dos maiores ata o día 20"