Solapas principales

O Concello de Ames colabora cos cursos e actividades organizadas polos grupos de música e baile tradicional

Miércoles, 05 de octubre de 2022

As asociacións culturais amesás Os Castros, Follas Novas e Retranqueiros comezan coa entrada do mes de outubro varias actividades ligadas co baile e a música tradicional, que ofertarán ao longo do curso e cos que colabora o Concello de Ames. Desta forma, a Concellaría de Cultura continúa apostando pola promoción dos valores tradicionais no eido artístico, fomentando o asociacionismo, facilitando os locais para desenvolver as diferentes actividades, e animando á veciñanza a participar das mesmas.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, continúa un ano máis a colaboración co tecido asociativo cultural do concello, apoiando ás diferentes asociacións de baile e música tradicional. Neste senso, dende o mes de marzo, Cultura programou un total de 30 actuacións de grupos tradicionais nas festas locais de Ames, a través do programa “Música nas parroquias”, polo que pasaron as agrupacións As Maianas, Airiños do Paseo de Colón, Os Castros, Retranqueiros, A Requinta da Maía, e as corais Lojo Batalla e Antonio Santomil.

No que respecta ás actividades nas que colabora a Concellaría de Cultura, a Asociación Cultural Retranqueiros comezou o pasado 1 de outubro unha serie de clases e obradoiros para todos os públicos a partir dos 3 anos, que incluirán ao longo do curso baile tradicional, pandeireta, gaita e percusión ou acordeón, e que se desenvolverán na Casa da Cultura do Milladoiro. Para obter máis información ou inscribirse nalgún dos grupos, pódese chamar ao teléfono 685 49 66 15 ou escribir ao enderezo electrónico silmalo@hotmail.com.

De xeito similar, a Asociación Cultural Follas Novas contará con cursos de pandeireta para adultos, acordeón cromático e diatónico, gaita e percusión, violino, e baile tradicional para adultos. No caso do curso de pandeireta, comeza hoxe mércores 5 en Aldea Nova, mentres que o resto de actividades desenvolveranse os venres no local de Cruxeiras a partir do próximo 7 de outubro.  Para obter máis información sobre os prezos, horarios e actividades ofertadas, pódese enviar un correo a follasnovas.ames@gmail.com, ou consultar a páxina web follasnovas.blogspot.com.

Por outra banda, a Asociación Cultural Os Castros ofrece cursos de baile tradicional, gaita e percusión, que comezarán este 8 de outubro. Neste senso, haberá grupo de baile en Bugallido, e aulas de gaita e percusión en Bertamiráns, Biduído, Trasmonte e Bugallido, onde se realizan os cursos de iniciación. Os horarios ao completo das diferentes aulas poden consultarse premendo nesta ligazón. Para inscribirse ou obter máis información, as persoas interesadas poden chamar ao número de teléfono 690 96 23 63, escribir ao enderezo correo@acoscastros.es, ou visitar a páxina web blog.acoscastros.es.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Arrancan as propostas dos grupos de música e baile tradicional da vila"

AMSGO!: "O Concello de Ames colabora cos cursos e actividades organizadas polos grupos de música e baile tradicional"

Imaxe da agrupación Os Castros

Multimedia

  • O Concello de Ames colabora cos cursos e actividades organizadas polos grupos de música e baile tradicional
  • O Concello de Ames colabora cos cursos e actividades organizadas polos grupos de música e baile tradicional
  • O Concello de Ames colabora cos cursos e actividades organizadas polos grupos de música e baile tradicional