Solapas principales

Francisco Leira presenta “Los Nadies de la Guerra de España” dentro dos encontros literarios das Bibliotecas municipais

Martes, 20 de diciembre de 2022

As bibliotecas municipais de Ames pechan o ano cun novo encontro literario. Nesta ocasión acollendo ao doutor en Historia, Francisco Leira Castiñeira, e ao seu libro "Los Nadies de la Guerra de España". Será este mércores 21 de decembro, ás 20:00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Acompañará ao autor o profesor e tradutor, Xabier Ron, nun acto presentado pola concelleira de Cultura, Natividade González.

As bibliotecas de Ames celebran unha nova edición dos seus encontros literarios do curso 2022-2023 este mércores 21 de decembro. O doutor en Historia, Francisco Leira Castiñeira, presentará "Los Nadies de la Guerra de España", unha obra editada por Akal. A entrada é libre ata completar aforo.

O departamento de Bibliotecas de Ames organiza deste xeito o oitavo encontro literario do curso 2022-2023, unha das principais actividades programadas para adultos. Dende setembro xa interviñeran os autores Diego Rojo, Eduardo Estévez, Xosé Manoel Núñez Seixas, Fernando Franjo, Alfredo Conde, Marga Tojo e Elba Pedrosa. Este novo encontro estará presentado pola concelleira de Cultura, Natividade González. Francisco Leira estará acompañado polo profesor e tradutor, Xabier Ron.

“Los Nadies de la Guerra de España” relata a historia de varias persoas que sufriron a Guerra Civil nos seus diversos aspectos. A través de cada un dos capítulos quérese mostrar unha realidade poucas veces destacada nos libros de historia: os medos, as emocións, as contradicións das persoas correntes. Cada un dos capítulos deste libro versa sobre unha narrativa dun individuo que padeceu a Guerra de España. Cada un deles foi un individuo con medos, preocupacións e contradicións polos que puido pasar calquera persoa, con independencia de ideoloxías, cultura ou clase social.

O autor: Francisco Leira
Francisco Jorge Leira Castiñeira (A Coruña, 1987) é contratado posdoctoral da Xunta de Galicia na Universidade de Santiago de Compostela. É doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, máster interuniversitario en Historia Contemporánea pola mesma universidade e máster en Ciencias Documentais na contorna dixital pola Universidade da Coruña. Obtivo os Premios de Investigación Juana de Vega (Fundación Juana de Vega en 2012), Miguel Artola (AHC e CEPC do Ministerio de Presidencia, en 2019); e accésit nos George Watt da ALBA de Nova York (2012) e Javier Tussell ( AHP, 2021).

É autor da consolidación social do franquismo. A influencia da guerra nos soldados de Franco (Santiago, USC, 2014), Soldados de Franco. Recrutamento forzoso, experiencia de guerra e desmobilización militar (Madrid, Século XXI, 2020). Editou, xunto con Anxo Alcalde e Foster Chamberlin, The Crucible of Francoism (Sussex-Chicago, Sussex Academic Press, 2021).

Cartaz do encontro literario de Francisco Leira

Multimedia

  • Cartaz do encontro literario de Francisco Leira