- Tipo
- Tematica
A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde, dentro do seu programa de Andainas Saudables, organiza unha nova actividade pola ruta das Furnas (Porto do Son), que se desenvolverá o sábado 4 de febreiro. Haberá dispoñible un servizo de autobús, con saída dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 9:15 horas e dende a praza do Concello de Bertamiráns ás 9:30 horas. Para participar cómpre inscribirse premendo na seguinte ligazón ou escaneando o código QR do cartaz anexo ata o xoves 2, ás 14:00 horas.
Os participantes sairán da praia das Furnas e recorrerán diversos puntos emblemáticos do concello, tanto pola zona de costa como pola área interior. Así, pásase polas praias de Río de Sieira e de Xuño, polo promontorio no que se atopaba o Castelo de Burleu, pola igrexa de Santa Mariña ou pola ponte medieval de Xuño.