Solapas principales

SOGAPS organiza a súa décima cea solidaria en apoio ao programa Vacacións en paz, co que colabora o Concello de Ames

Lunes, 13 de febrero de 2023

A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, que desenvolve o programa Vacacións en Paz, organiza a décima edición da cea solidaria en apoio á iniciativa, co obxectivo de recadar fondos para o seu desenvolvemento. A cea terá lugar no Hotel Congreso (Santiago de Compostela) o vindeiro sábado 25 de febreiro, ás 21:00 horas. Para asistir pódese contactar con Esther Ybarra, voceira de SOGAPS na zona, chamando ao número de teléfono  609 76 49 45; ou coa propia asociación, no  986 26 26 37.

Un ano máis, a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí organiza unha cea solidaria, co obxectivo de recadar fondos para sufragar o programa Vacacións en Paz, unha iniciativa a través da que rapaces e rapazas de Tindouf (Arxelia) poden pasar o verán en Galicia, acollidos por familias voluntarias. Ditos fondos destínanse integramente ao financiamento dos billetes de avión destes nenos e nenas, e búscase que poidan viaxar o maior número de crianzas posibles.

A cea solidaria deste ano realizarase o sábado 25 de febreiro, no Hotel Congreso, situado en Santiago de Compostela, ás 21:00 horas. Haberá un menú para adultos, que custará 35 euros, e outro infantil, por 23 euros. Como en anteriores ocasións, vólvese a propoñer unha temática de ambientación. Desta volta, o tema é “misión espacial 2023”. Así, as persoas que o desexen poderán acudir disfrazadas.

Para participar na cea é preciso contactar con Esther Ybarra, voceira de SOGAPS na zona, a través do número de teléfono 609 76 49 45; ou coa propia asociación,no número 986 26 26 37.

O Concello de Ames, a través do departamento de Benestar Social, colabora activamente na difusión deste programa, e invita a todas as familias que o desexen a acoller un neno ou nena. Recórdase, ademais que a iniciativa se presenta nun marco de solidariedade e axuda desinteresada co fin de propiciarlles unha estancia agradable e humanamente rica aos rapaces e rapazas. Trátase de ofrecerlles a estes cativos e cativas a posibilidade de coñecer outros xeitos de vida, contribuíndo así á súa formación.

Este mércores, 15 de febreiro, celebrarase ademais unha charla informativa para que as persoas interesadas poidan coñecer de preto o programa. Terá lugar ás 20:30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Tamén se pode chamar ao número 678 727 382 ou escribir a sogaps.oficial@gmail.com para recibir más información.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Recadarán fondos para o programa Vacacións en Paz cunha cea solidaria"

AMS GO!: "Nova edición da cea solidaria co Pobo Saharauí"

Cartaz da cea solidaria organizada por SOGAPS