- Tipo
- Tematica
A Aula da Natureza propón, dentro do seu programa de actividades deste mes, un curso de horta sostible, que se desenvolverá os días 15, 22 e 29 de abril e tamén o 6 e 13 de maio, de 11:00 a 13:30 horas. A actividade terá lugar no viveiro municipal de Barouta, onde os participantes aprenderán nocións sobre distintas plantacións e poderán experimentar por eles mesmos. Esta proposta destínase ao público adulto, e hai 15 prazas dispoñibles. Os participantes no curso de horta contarán con servizo de autobús para os desprazamentos. O bus sairá ás 10:30 horas da Casa da Cultura do Milladoiro e ás 10:45 horas do Pazo da Peregrina de Bertamiráns. O regreso realizarase unha vez rematadas as sesións, ás 13:30 horas. Para incribirse cómpre enviar a ficha de inscrición ao correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.