Solapas principales

Ames acolleu a I Feira do Pan e do Cereal cunha gran variedade de actividades

Martes, 09 de mayo de 2023

O Concello de Ames, a través da Concellería de Medio Ambiente organizou o pasado sábado, 6 de maio, a I Feira do Pan e do Cereal. A feira, que se celebrou en Bugallido, conxugou exposicións, charlas, degustacións e obradoiros co obxectivo de animar ás persoas do rural a recuperar o cultivo das terras agrarias con cereais autóctonos como o trigo, centeo ou a cebada. O evento, que busca ser un referente dentro do seu sector, contou ademais coa colaboración de O Fogar do meu burro, do Museo do Pobo Galego e do tecido asociativo da parroquia de Bugallido. Preme nesta ligazón para ver a galería de fotos da feira.

A I Feira do Pan e do Cereal abriu as súas portas ás 11:00 da mañá coa inauguración dunha exposición composta por apeiros tradicionais de labranza, así como, pezas que se empregan na agricultura moderna do cereal. Unha mostra composta por pezas cedidas polo Museo do Pobo Galego e por apeiros recuperados por Tino Seoane, veciño de Bugallido.

Seguidamente a charla “O divorcio entre Agricultura e Biodiversidade” ofrecida polo profesor de Zooloxía de USC, Carlos Otero González achegoulle á veciñanza e ao público asistente a problemática que supón determinados xeitos de cultivo e a necesidade de volver ao cultivo de sementes autóctonas.

A programación proseguiu con Mª Ángeles Romero, directora da Cátedra do Pan e do Cereal do Campus Terra da USC que impartiu o relatorio “Falemos de pan”. Mª Ángeles vencellou a importancia da recuperación e da valoración do pan tradicional coa saúde ao facer fincapé na relación da redución dos tempos de fermentación do pan coa aparición de alerxias e intolerancias.

A continuación e a través do Túnel do Pan os asistentes puideron degustar distintos tipos de pan. Unha actividade pensada para axudarlle aos asistentes a diferenciar a través da miga, da codia e do sabor un pan de calidade.

Entre as 14:00 e as 15:30 houbo un descanso para comer que estivo amenizado polo grupo de pandeireteiras da Costaneira.

Ás 15:30 horas retomáronse as actividades cun Obradoiro de pan. Trátase dun taller onde persoas de todas as idades se achegaron ao proceso de elaboración do pan.

A continuación, ás 16:30 horas, foi a quenda da charla impartida por Fernando Almeida, de Sementares S.L., baixo o título: “O cereal autóctono e pan galego con IXP”. Unha charla que tiña como obxectivo incidir na importancia do cultivo do millo tradicional.

O programa da primeira edición da Feira do Pan e do Cereal pechouse co Obradoiro de empanada tradicional onde os asistentes gozaron dunha clase maxistral na que aprenderon a elaborar dúas variedades de empanada de millo, unha de berberechos e outra de bacallau.

Ademais, durante toda a xornada contouse coa presenza de exemplares de burros chegados de O Fogar do meu burro para incidir na importancia que tivo este animal na agricultura e no campo. Os máis pequenos puideron alimentar aos animais e mesmo dar un paseo en burro.

A Feira organizada pola Concellaría de Medio Ambiente, a través da Aula da Natureza, afondou dun xeito lúdico e participativo na longa tradición panadeira do concello de Ames e na importancia de recuperar o cultivo das terras agrarias con cereais autóctonos.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Os amienses desfrutaron da Feira do Pan e do Cereal celebrada en Bugallido"

Asistentes á primeira feira do pan de Ames

Multimedia

  • Ames acolleu a I Feira do Pan e do Cereal cunha gran variedade de actividades
  • Ames acolleu a I Feira do Pan e do Cereal cunha gran variedade de actividades
  • Ames acolleu a I Feira do Pan e do Cereal cunha gran variedade de actividades
  • Ames acolleu a I Feira do Pan e do Cereal cunha gran variedade de actividades
  • Ames acolleu a I Feira do Pan e do Cereal cunha gran variedade de actividades
  • Ames acolleu a I Feira do Pan e do Cereal cunha gran variedade de actividades
  • Ames acolleu a I Feira do Pan e do Cereal cunha gran variedade de actividades
  • Ames acolleu a I Feira do Pan e do Cereal cunha gran variedade de actividades
  • Ames acolleu a I Feira do Pan e do Cereal cunha gran variedade de actividades