Miércoles, 14 junio, 2023
Ás 20:00 horas
- Tipo
- Tematica
A Escola Municipal de Teatro de Ames prepara as súas mostras de fin de curso, nas que o alumnado representará ante o público varias obras adaptadas. As funcións darán comezo o mércores 14 de xuño, e alongaranse ata o vindeiro mércores, día 21. Participarán os grupos con idades de entre 3 e 6 anos, entre 7 e 11 e os maiores de 12 anos. A dirección da escola corre a cargo da compañía Talía Teatro, con Marta Ríos e Diego Rey como encargados de impartir a formación.
O grupo xuvenil, que comprende aos rapaces e rapazas maiores de 12 anos, será o encargado de abrir a rolda de actuacións. Farao o mércores 14 de xuño, coa obra “A morte é unha estupidez”. Será ás 20:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro.