Solapas principales

Aberto do 6 ao 15 de xullo o prazo de novas inscricións na Escola Municipal de Teatro de Ames

Jueves, 06 de julio de 2023

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, abre este xoves, día 6 de xullo, o prazo para novas inscricións na Escola Municipal de Teatro de Ames. As persoas que queiran inscribirse poderano facer ata o 15 de xullo. Haberá que cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro. Para dispor de máis información pódese consultar o folleto informativo da Escola municipal de teatro.

Tras a finalización do segundo curso da Escola Municipal de Teatro de Ames, o pasado 19 de xuño abriu o prazo para que as persoas inscritas puideran renovar praza. Hoxe, xoves 6 de xullo, abre unha segunda quenda para novas inscricións nos grupos nos que quedaron prazas libres.

Para o grupo de infantil e xogo dramático de nados entre 2016 e 2019 disponse de 8 prazas en Bertamiráns e 9 no Milladoiro. Para o de nados entre o 2011 e o 2015 hai 3 en Bertamiráns e 2 no Milladoiro. No caso dos nados entre 2006 e o 2010 hai 7 ocos en Bertamiráns e 10 no Milladoiro; mentres que para aqueles que naceron dende o 2005 se dispón de 3 prazas no Milladoiro.

Premendo aquí podes consultar os horarios, as prazas libres e o prezo público das escolas culturais.

Anotacións e pagamento
Para anotarse haberá que cubrir o impreso de inscrición e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro.

Logo da comprobación por parte do departamento de Cultura da existencia de praza vacante, enviarase á persoa interesada a confirmación de praza e a folla de autoliquidación para que proceda a facer efectivo o pagamento.

No caso de dispor de certificado dixital ou DNI electrónico poderase descargar o documento de pago e aboar o importe a través do enlace da Oficina Virtual Tributaria. Excepcionalmente poderase solicitar o impreso de pagamento de xeito presencial na oficina de Recadación do Milladoiro, na rúa da Viorneira, número 6; ou na oficina de Recadación de Bertamiráns, na praza da Horta de Abaixo, número 6. Tamén se pode solicitar en horario de tarde os luns e mércores, de 16:15h a 18:30 horas. No caso de non recibilo poden solicitalo a través do correo electrónico ames@canaltributos.com ou chamando ao número de teléfono 981 884 896.

As solicitudes que non obteñan praza pasarán a formar parte da lista de agarda por se houbese algunha baixa ao longo do curso.

Inscricións ao longo do curso
No suposto de inscricións que se formalicen unha vez comezado o curso, o importe da cota será o resultante de multiplicar a tarifa mensual (incluído o mes da propia inscrición), polo número de meses que restan para rematar o curso.

As baixas deberanse tramitar por escrito e poderá devolverse a cota correspondente en supostos de baixa por forza maior (enfermidade acreditada). Se o alumno/a non acode á clase durante un mes consecutivo e non xustifica por escrito a dita ausencia, poderá darse de baixa de oficio e ofrecerlle a praza a outra persoa.

As clases comezarán o 19 de setembro en Bertamiráns e o 20 de setembro no Milladoiro e rematarán a última semana de xuño de 2024. Para formar grupo será necesario que se cubran a metade máis unha do máximo de prazas ofertadas. Para dispor de máis información pódese chamar aos números de teléfono 981 535 940 e 662 377 444 ou enviar un correo electrónico ao enderezo cultura@concellodeames.gal.

Cartaz das novas inscricións da Escola Municipal de Teatro

Multimedia

  • Cartaz das novas inscricións da Escola Municipal de Teatro