Solapas principales

Péchase con éxito unha nova edición do Ames Jazz

Lunes, 10 de julio de 2023

A localidade de Bertamiráns acolleu esta fin de semana, por sexto ano, unha nova edición do Ames Jazz, unha iniciativa que combinou diversas propostas musicais durante as noites do venres 7 e o sábado 8. Malia a que as actuacións tiveron que ser trasladadas dos xardíns do Pazo da Peregrina ao auditorio da Casa da Cultura pola previsión meteorolóxica, a convocatoria logrou ser un éxito de asistencia, e achegáronse preto de 300 persoas en total. Premendo nesta ligazón podes consultar a galería de fotos do Ames Jazz 2023

O festival deu comezo ás 20:30 horas do venres, coa proxección do documental “Jazz en liberdade”. Os asistentes puideron gozar dun pequeno coloquio co seu director, Xes Chapela, que estivo acompañado polo alcalde de Ames e responsable do departamento de Cultura, Blas García. A peza, premio Mestre Mateo á mellor longametraxe documental, amosa como a vila mariñeira de Cangas se converte no epicentro da música jazz na Península Ibérica, contando non só cun dos festivais do xénero máis lonxevos do país, senón tamén con numerosos músicos de jazz.

A continuación desenvolveuse o primeiro dos concertos, o de Diego Alonso 5TET, que fixo gala do seu característico jazz contemporáneo, que parte de diversas abordaxes rítmicas, tímbricas e estilísticas.

Durante a xornada do sábado, os asistentes puideron achegarse ao mundo do jazz a través dunha peza audiovisual creada pola estadounidense Kay Ray, “Lady Be Good – instrumental women in jazz”, na que se amosan as dificultades sufridas polas mulleres americanas instrumentistas de jazz entre os anos 20 e os 70.

Xa para pechar o Ames Jazz 2023, actuou o trío conformado polo pianista Alejandro Vargas, o contrabaixista Pablo Sanmamed e o batería Sergio Gonzales.

En total asistiron á proxección dos documentais unhas 80 persoas, mentres que nas actuacións musicais reuníronse arredor de 200 asistentes, unhas cifras que consolidan o Ames Jazz como unha das apostas más firmes da Concellaría de Cultura.

Novas relacionadas:

Enfoques: "Éxito en una nueva edición del Ames Jazz"

La Voz de Galicia: "Cerca de 300 personas disfrutaron del Ames Jazz en Bertamiráns"

Diego Alonso 5TET, durante a súa actuación no Ames Jazz

Multimedia

  • Alejandro Vargas Trío, durante a súa actuación no Ames Jazz
  • Proxección de Lady Be Good
  • Alejandro Vargas
  • Diego Alonso 5TET
  • Público do Ames Jazz
  • O director de "Jazz en liberdade", Xes Chapela, co alcalde de Ames, Blas García
  • Proxección de "Jazz en liberdade"