Solapas principales

Realízanse melloras en dous viarios dos núcleos de Guimaráns e Ortoñiño

Lunes, 17 de julio de 2023

O alcalde de Ames, Blas García, e o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, visitaron a pasada semana os traballos de mellora de viarios que se realizaron nos núcleos de Guimaráns, na parroquia de Bugallido; e en Ortoñiño, na parroquia de Ortoño. As actuacións enmárcanse dentro dun proxecto que engloba un total de seis actuacións en distintas zonas do rural amesán: Ventosa (Covas), Quintáns (Ames), Rúa (Piñeiro) e Insua (Agrón); ademais das xa executadas en Guimaráns e Ortoñiño. Os proxectos de pavimentación foron adxudicados á empresa GR Construcciones, Obras y Servicios, S.L.U. por importe de 48.071,29 euros (IVE incluído). O obxectivo común das seis obras é a mellora da capa de rodaxe dos viarios e a apertura de gabias, coa finalidade de garantir a seguridade e accesibilidade das vías e o correcto drenaxe das augas.

Os viarios dun total de seis núcleos rurais están a ser arranxados nas parroquias de Bugallido, Ortoño, Covas, Ames, Piñeiro e Agrón. O alcalde de Ames, Blas García, e mailo concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, visitaron a semana pasada os traballos de pavimentación realizados nas aldeas de Guimaráns e Ortoñiño.

No caso do núcleo de Guimaráns, mellorouse a capa de rodaxe dun viario dividido en tres treitos de 270x3,5 metros, 50x4,5metros e 30x3 metros; así como un sobreancho de 184x4 metros e dous abanicos de 10x3 metros e 8x3 metros. As melloras efectuáronse mediante tratamento asfáltico superficial e rego de selado, previo bacheo con grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Por outra banda, procedeuse á apertura de gabias e á limpeza de salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal.

En Ortoñiño procedeuse á mellora da capa de rodaxe dun viario dividido en dous treitos de 280x4 metros e 100x5metros; así como 15x5 metros de abanicos, tamén con tratamento asfáltico superficial e rego de selado, previo bacheo con grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Ademais de realizar a apertura de gabias e a limpeza de salvagabias, colocouse unha sinal de STOP.

Deste xeito, respondeuse a unha das demandas da veciñanza, que solicitaba o acondicionamento das vías e das gabias para resolver un problema de desbordamento derivado da circulación de auga por un regato adxacente ás vivendas do núcleo rural.

Traballos de mellora noutros catro viarios do rural
As obras nas parroquias de Bugallido e Ortoño súmanse a outras catro actuacións que se están levando a cabo en Ventosa (Covas), Quintáns (Ames), Rúa (Piñeiro) e Insua (Agrón). Todas elas consisten na reparación dos viarios a través da mellora das súas capas de rodaxe, de xeito que se garanta a seguridade e a accesibilidade da veciñanza.

As seis actuacións forman parte dun proxecto de obra que foi adxudicado á empresa GR Construcciones, Obras y Servicios, S.L.U., por un orzamento de 48.071,09 euros (IVE incluído).

O edil responsable do departamento de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, sinala que “con estas actuacións seguimos avanzando na pavimentación dos distintos núcleos do rural que conforman o concello. Respondemos así á demanda dos veciños e veciñas, mellorando os viarios para garantir que sexan accesibles e seguros para peóns e vehículos”.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames mejora la red viaria de Guimaráns, Ortoñiño y Ventín"

Realízanse melloras en dous viarios dos núcleos de Guimaráns e Ortoñiño

Multimedia

  • Realízanse melloras en dous viarios dos núcleos de Guimaráns e Ortoñiño
  • Realízanse melloras en dous viarios dos núcleos de Guimaráns e Ortoñiño
  • Realízanse melloras en dous viarios dos núcleos de Guimaráns e Ortoñiño
  • Realízanse melloras en dous viarios dos núcleos de Guimaráns e Ortoñiño
  • Realízanse melloras en dous viarios dos núcleos de Guimaráns e Ortoñiño
  • Realízanse melloras en dous viarios dos núcleos de Guimaráns e Ortoñiño