Solapas principales

O Concello de Ames valora positivamente os datos de asistencia aos cursos de verán

Lunes, 21 de agosto de 2023

O Concello de Ames mantén o seu compromiso coa programación de actividades de verán. Contou durante os últimos dous meses con máis de 110 inscricións nos cursos de natación e piragüismo entre os meses de xullo e agosto.

A concelleira de deportes, Susana Señorís, afirmou que “os datos de participación avalan a xestión realizada” e que “o Concello de Ames está totalmente comprometido co deporte e a xuventude”. Señorís conclúe afirmando que “proba deste compromiso é o arraigo deste tipo de actividades, que ano tras ano se repiten con gran éxito”.

Os cursos de natación contaron no mes de xullo con 54 usuarios e no mes de agosto con 35, divididos en catro grupos de idades, con case idéntico número de participantes en Milladoiro e Bertamiráns.

Os cursos de piragüismo impartidos na praia fluvial de Tapia polo persoal do club Ribeiras do Tambre e coa colaboración da Deputación da Coruña, están pensados para nenos e nenas nadas entre os anos 2009 e 2015. Nestas xornadas os/as participantes aprenderon todo o necesario para gañar autonomía no uso da piragua e adquirir as destrezas e habilidades básicas para practicar o piragüismo.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, visita os cursos de natación

Multimedia

  • O Concello de Ames valora positivamente os datos de asistencia aos cursos de verán