Solapas principales

O Concello de Ames reformará os parques caninos do Milladoiro e Bertamiráns antes do remate do ano

Jueves, 24 de agosto de 2023

O Concello de Ames realizará actuacións proximamente nos parques caninos de Milladoiro e Bertamiráns para o acondicionamento e a mellora das instalacións.

O concelleiro de Xestión do Medio Natural, Javier Antelo, indica que “estas actuacións responden ás demandas da veciñanza de Ames” e anuncia o compromiso do Concello de “manter e mellorar ano tras ano os equipamentos destes recintos”. “Esta non é unha actuación puntual”, finaliza o concelleiro.

As melloras destas instalacións centraranse en fortalecer o cerramento perimetral e facer entradas de tipo burladoiro para garantir que os cans non poidan escapar do recinto delimitado do parque, garantindo así a seguridade tanto das persoas como dos propios animais. En cuestións de equipamento colocarase mobiliario tipo AGILITY, unha fonte-bebedeiro, papeleiras, paneis informativos e bancos para a comodidade dos donas/os dos animais.

No parque de Milladoiro, debido as súas dimensións, o resto do recinto será aproveitado para que os cans teñan una zona de liberdade controlada polos seus donos e na zona de Bertamiráns o concello está a contemplar algunha área non perimetrada lindeira ao parque canino para habilitala como zona de semi-liberdade controlada baixo unhas normas.

Estas obras de mantemento e mellora terán un custo de 30.000 euros repartidos entre ambos recintos e está previsto que se realicen antes do remate deste ano 2023.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "El Concello reformará este año los parques caninos de O Milladoiro y Bertamiráns"

La Voz de Galicia: "El parque canino de O Milladoiro tendrá un área de acceso libre"

Imaxe de arquivo do parque canino

Multimedia

  • Imaxe de arquivo do parque canino
  • Imaxe de arquivo do parque canino