Solapas principales

“Dálle ao play!”, a mensaxe de BeOne A Telleira para poñerse en forma

Sábado, 09 de septiembre de 2023

O Centro Deportivo Municipal de A Telleira, concesión do Concello de Ames, vén de lanzar unha campaña na que anima á veciñanza a retomar a vida activa tralas vacacións de verán. Após as vacacións e as viaxes, volver a un estilo de vida activo e saudable faise aínda máis imprescindible. 

Para axudar a conseguir este obxectivo, o centro BeOne puxo en marcha unha nova campaña baixo o lema “Dálle ao play!”, unha analoxía para poñerse en forma tras a pausa do verán. Esta mensaxe non só incentiva a comezar a actividade física, senón que destaca os obxectivos tan diversos que se poden lograr coa práctica deportiva.

Ademais, dende o centro anuncian que tanto a matrícula como os primeiros quince días de setembro serán gratuítos para todos aqueles que queiran inscribirse. Seguindo co compromiso que ten BeOne coas familias, estas contarán con vantaxes especiais no seu abono. Para máis información pódese consultar a páxina web de BeOne, premendo nesta ligazón.

O centro deportivo conta con piscina, sala fitness, sauna e salas de actividades dirixidas. Esta variedade de espazos permite que todos atopen o deporte que mellor se adapte a cada un. Neles desenvólvense numerosas actividades dirixidas como bike, dance, pilates ou tonificación. Dispón tamén de servizos adaptados aos nenos como a escola de natación ou as actividades infantís.

30 anos de BeOne
Ademais, este 2023 a xestora do centro deportivo de Ames, BeOne, fai o seu 30 aniversario de dedicación ao sector fitness. O grupo BeOne Serviocio comezou a súa andadura coa xestión dunha piscina municipal en Ferrol en 1993 e actualmente conta con 36 centros deportivos repartidos en 11 provincias españolas.

Cartaz da campaña "Dalle ao play"