- Tematica
O Concello de Ames convoca unha bolsa de formación para realizar prácticas formativas no Servizo de Normalización Lingüística titorizadas polo persoal técnico municipal. A bolsa terá unha duración de 12 meses e está dirixida a persoas graduadas en Lingua e Literatura Galegas. O prazo de presentación de solicitude xa está aberto e remata o 20 de outubro ás 14.00 horas. Podes inscribirte premendo neste enlace.
Os requisitos para as persoas aspirantes son ter a titulación de Grao en Lingua e Literatura Galegas, posuír coñecementos sobre o manexo de procesadores de texto e ter carné de conducir.
Ademais para optar ás bolsas Feuga cómpre ser menos de 31 anos, que non trascorreran máis de 3 anos desde a obtención da última titulación universitaria e carecer de experiencia laboral relacionada coa titulación.
As persoas inscritas participarán nun proceso de selección que consistirá na valoración do currículo presentado (40%), un suposto práctico a partir dunhas premisas previamente indicadas vinculado coas tarefas propias dun servizo de normalización lingüística (50%) e unha entrevista sobre Ames e a dispoñibilidade das persoas candidatas (10%).
Con esta bolsa, a persoa seleccionada aprenderá a executar programas e actividades de dinamización lingüística, a prestar asesoramento lingüístico e sociolingüístico a departamentos municipais e outros colectivos, a desenvolver formación e a coordinarse con outros departamentos, centros educativos e servizos de normalización, ademais de coñecer a organización e o funcionamento básico dun concello.