- Tematica
O Concello de Ames, a través da Oficina de Voluntariado, organizou un curso de inglés básico para maiores. Trátase dun obradoiro de iniciación que está dirixido á todas aquelas persoas que non teñen ningunha formación na lingua inglesa. As clases, que serán impartidas por unha profesora voluntaria que está licenciada en filoloxía inglesa, realizaranse os venres en horario de tarde, entre as 17:30 h e as 18:30 horas, na Casa dos Maiores de Bertamiráns. Ofértanse un total de 15 prazas, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. Para apuntarse hai que chamar ao número de teléfono 662 377 044. Este curso gratuíto dará comezo o día 10 de novembro.
Baixo o lema “Achégate ao inglés” a Oficina de Voluntariado de Ames (OVA) organizou un curso de inglés básico, que está dirixido a todas aquelas persoas que nunca tiveron contacto con esta lingua e que desexan aprender algunhas nocións básicas para poder desenvolverse tanto a nivel oral como escrito. Trátase dunha iniciativa que xa se realizou en anos anteriores e que tivo unha boa aceptación entre as persoas maiores de Ames.
As clases impartiranse na Casa dos Maiores de Bertamiráns, os venres en horario de tarde, de 17:30 a 18:30 horas. Esta acción formativa estará impartida por unha profesora voluntaria que está licenciada en filoloxía inglesa. Ofértanse un total de 15 prazas que se cubriran por rigorosa orde de inscrición. As clases, que son gratuítas, comezarán o 10 de novembro.
As persoas que desexen obter máis información ou realizar a inscrición nesta actividade deben dirixirse á Oficina Municipal do Voluntariado (OVA) chamando ao teléfono 662 377 044 ou de xeito presencial na Casa da Cultura de Bertamiráns.