Solapas principales

A Concellaría de Xuventude organiza un curso de formación en igualdade para perfís educativos

Lunes, 06 de noviembre de 2023

A Concellaría de Xuventude organiza para o mes de novembro unha nova actividade para a mocidade amesá e para persoas en xeral con perfís profesionais educativos. Desta volta, organiza un curso de formación en igualdade para perfís educativos denominado Lentes Violetas, que se vai desenvolver o 22 de novembro, de 10.00 a 12.00 horas, no Pazo da Peregrina. Trátase dunha actividade que é de balde, pero para participar hai que inscribirse. Para elo hai que enviar ata o 16 de novembro o impreso de inscrición ao enderezo xuventude@concellodeames.gal.

Dentro da programación municipal dos actos en conmemoración do 25N, Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, o departamento de Xuventude ofrece esta formación específica para mozos/as e persoas en xeral con perfís profesionais educativos (monitores/as de actividades de tempo libre en centros escolares, coidadores/as, educadores/as, mestres/as, etc).

Esta formación específica, abordará dende unha perspectiva participativa e dinámica os conceptos básicos en relación á igualdade e a eliminación de estereotipos de xénero ligados aos modelos de feminidade e masculinidade tradicionais. Posteriormente afondarase na metodoloxía e estratexias de traballo en igualdade procurando estratexias e prácticas concretas para traballar con perspectiva de xénero en contextos educativos e de educación non formal.

Esta formación específica, de balde, desenvolverase o vindeiro 22 de novembro, entre as 10.00e as 12.00 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Para inscribirse hai que enviar a ficha cuberta e asinada a xuventude@concellodeames.gal ata o 16 de novembro. As prazas sonlimitadas ata completar aforo. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 722 349 483 ou enviar un correo electrónico ao enderezo:xuventude@concellodeames.gal.

Trátase dun proxecto, con xa cinco anos de percorrido, formando a entidades, profesionais e persoas voluntarias do eido da educación non formal, que está subvencionado nun 70% pola Deputación da Coruña, cun importe de 24.670,42 euros, a través do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero no ano 2023.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Ames pon en marcha un curso de formación en igualdade para persoas con perfís educativos"

Cartaz do curso de formación en igualdade para perfís educativos

Multimedia

  • Cartaz do curso de formación en igualdade para perfís educativos