Solapas principales

Este venres, 24 de novembro, celebrarase un Pleno extraordinario para aprobar un suplemento de crédito

Jueves, 23 de noviembre de 2023

O Goberno municipal leva ao Pleno extraordinario que se vai celebrar este venres 24 de novembro, ás 10.00 horas, a modificación do suplemento de crédito 1/2023, financiado con remanente de tesourería para gastos xerais (baixa de créditos); e maila aprobación do suplemento de crédito 3/2023 por importe de 337.680,26 euros. Debido ás obras que se están a realizar no salón de Plenos do Concello de Ames, a sesión celebrarase no Pazo da Peregrina. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

O Concello de Ames aprobou o pasado 11 de maio de 2023 o suplemento de crédito 1/2023 por importe de 5.301.184,49 euros. Posteriormente no pleno ordinario do pasado mes de agosto, celebrado o 11 de setembro, aprobouse o cambio de destino de certas actuacións previstas en dito suplemento.

No devandito suplemento incluíanse unha serie de actuacións que non se van a realizar neste exercicio 2023 como son a implantación dunha antena de telecomunicacións en Agrón (40.000 euros); as obras de pavimentación nas rúas Poeta da Maia, Xesteira e Fieira, situadas en Bertamiráns e que forman parte do plan Ames Progresa 2021-2023 (96.969,33 euros); e maila pavimentación de viarios en Casanova, na parroquia de Biduído (119.798,35 euros). En total, estas actuación que non se van executar suman un importe de 256.767,68 euros.

Deste xeito, dende os servizos económicos indican a existencia de facturas pendentes de aprobar xa que o crédito nas distinta áreas afectada é insuficiente e cuxo importe ascende a 200.890,50 euros. Tamén informan da necesidade de suplementar crédito en determinadas partidas de gasto, xa que consideran que o crédito resulta insuficiente de aquí ao remate de exercicio. Dito importe a suplementar ascendería a 136.789,75 euros.

Polo que se fai necesario tramitar un suplemento de crédito (3/2023) por importe de 337.680,26 euros. Para financiar parte do suplemento indicado proponse a modificación do suplemento de crédito 1/2023, dando de baixa os créditos das actuación indicadas, de xeito que o importe das baixas (256.767,68 euros), pasaría a integrarase de novo no remanente de Tesourería para gastos xerais podendo empregarse como fonte de financiamento.

Imaxe de arquivo dun pleno