Viernes, 5 abril, 2024
Ás 18:00 horas
- Tipo
- Tematica
O venres 5 de abril, ás 18:00 horas, a Casa da Cultura do Milladoiro acolle a representación da obra de teatro "Voa Voa" da man de Talía Teatro. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello de Ames.
Dirixida a un público familiar e a crianzas a partir dos 4 anos, este espectáculo propón recuperar ditos, retrousos e xogos populares para transmitirllos aos máis pequenos da casa.
