Solapas principales

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle esta semana dous espectáculos solidarios

Martes, 02 de enero de 2024

Esta semana, os días 3 e 4 de xaneiro, o auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá dous eventos solidarios, ambos enmarcados na programación municipal de Nadal. O día 3 de xaneiro a academia de danza Balancé representará “Mary Poppins el musical”, en beneficio das fundacións Aladina e UCIM. Pola súa banda, o 4 de xaneiro vaise representar o espectáculo “Óliver Insua e amizades”, un festival benéfico en favor de ASANOG.

A concelleira de Promoción Económica destaca o positivo de organizar eventos deste tipo, onde toda a recadación se destina a causas benéficas. Así mesmo, Ana Belén Paz destacou tamén “o orgullo” que supón que distintas empresas de Ames colaboren desinteresadamente nestes dous espectáculos.

As empresas colaboradoras son Mirabelle (fará os decorados e un vídeo), Cunde (encargado da organización dos eventos), Tesec (levará a parte técnica), La Rayuela (deseño da cartelaría) e Emesports (plataforma para a venta das entradas). Nesta liña, o alcalde de Ames, Blas García, afirmou que “é un orgullo que dous veciños de Ames como Vanessa e Óliver fagan estes dous festivais, que seguro que terán máis edicións”.

“Mary Poppins: el musical”
A escola de danza santiaguesa Balancé representará o 3 de xaneiro, ás 20:00 horas, “Mary Poppins: El musical”, na Casa da Cultura de Bertamiráns, nunha gala benéfica en beneficio das fundacións Aladina e UCIM. As entradas poderán mercarse no local da academia Balancé ou a través do teléfono 616 83 59 38.

Os cartos das entradas destinaranse integramente á fundación Aladina, adicada a axudar a nenos e adolescentes con cancro e ás súas familias, e á fundación UCIM, unha fundación turca que recada fondos para axudar ás nenas que sofren abuso en Turquía. As entradas para esta segunda gala están á venta: as dos adultos custan 10 euros, e as dos nenos (de 0 a 12 anos) 5 euros.

O espectáculo é unha adaptación do filme homónimo levada á danza e, ademais de amosar a evolución técnica dos alumnos, busca ofrecer unha mostra de artes escénicas coa que o público poida pasar un bo rato.

O musical está formado por 90 persoas, con nenos desde os tres anos ata adultos. Os protagonistas principais son Irene Fraga no papel de Mary Poppins, Miki no papel de Bert, Elsa Desclos no papel de Jane e Pedro Pérez no papel de Michael. Todas as cancións que conforman o musical serán cantadas en directo.

Esta será a segunda gala benéfica organizada por esta academia no Concello de Ames, despois da súa primeira actuación o pasado 23 de decembro.

Festival benéfico “Óliver Insua e amizades”
O cantante da orquestra Finisterre, Oliver Insua, e outros artistas actuarán no festival benéfico “Óliver Insua e amizades”, na Casa da Cultura de Bertamiráns, o xoves 4 de xaneiro, ás 20:00 horas. A representación será en beneficio da Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG). As entradas poderán adquirirse en Emesports a partir do 15 de decembro e ata o 3 de xaneiro de 2024 premendo na seguinte ligazón. O prezo será de 5 euros para os adultos, e de 3 euros para os nenos de 0 a 12 anos. Haberá tamén unha liña 0 para que aqueles que non poidan asistir tamén poidan colaborar aportando a súa doazón na conta ES61 2100 1453 2102 0025 9900 - LA CAIXA.

Nel participarán os integrantes da orquestra Finisterre Óliver Insua, Leo García, David Seara, Zaira Fungueiriño e Damián Gómez, así como polo teclista Juan Carlos Fernández. Todos os vocalistas contan con temas propios, e algúns deles serán interpretados durante o festival, xunto con cancións de Nadal e outras sorpresas. Ademais, tamén participará Adriana Vigo e María Iglesias, as gañadoras do concurso Canta con Ames. O festival estará presentado por Loli Gómez e Inés Suárez.

O que se recade a través da venta de entradas irá integramente destinado a ASANOG, a Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Ames lucha contra los abusos y el cáncer con Mary Poppins y Óliver Insua como aliados"

La Voz de Galicia: "«Mary Poppins, el musical», una iniciativa comprometida y ovacionada en Ames"

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle esta semana dous espectáculos solidarios

Multimedia

  • A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle esta semana dous espectáculos solidarios
  • A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle esta semana dous espectáculos solidarios