Lunes, 5 febrero, 2024
- Tematica
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai públicos os anuncios publicados no BOP sobre a declaración de persoal laboral fixo de 16 prazas: dúas prazas de conserxes de deportes, dúas prazas de peón de garda ambiental, dúas prazas de peón de limpeza viaria, tres prazas de peón de obras e servizos básicos, unha praza de oficial de obras e servizos básicos, unha praza de oficial de obras e servizos básicos reservada para persoas con discapacidade, unha praza de persoal de peón de alumeados público, unha praza de peón de limpeza viaria reservada para persoas con discapacidade, unha praza de persoal de cociña das escolas infantís, unha praza de persoal de servizos xerais das escolas infantís e unha praza de persoal de servizos xerais de actividades complementarias. Asemade, faise público o anuncio publicado no BOP sobre o nomeamento de persoal funcionario de carreira nunha praza de auxiliar administrativo.