Solapas principales

Apolonia Bermúdez e Manuel Piñeiro, gañadores absolutos do V Trail e Andaina Ribeiras do Tambre

Lunes, 18 de marzo de 2024

Onte domingo 17 de marzo celebrouse a quinta edición do Trail e Andaina Ribeiras do Tambre, unha proba na que se inscribiron 522 persoas. A primeira en cruzar a meta na categoría absoluta feminina no trail longo foi Apolonia Bermúdez, cun tempo de 1:41:15, mentres que o primeiro posto masculino neste trail foi para Manuel Piñeiro, do Club Atletismo Cambados Seguros Noval, que obtivo unha marca de 1:12:04. Pola súa banda, o club gañador foi o C.A. Cambados – Seguros Noval, que repite a vitoria de 2023. Nesta ligazón pódese acceder á galería de imaxes da competición.

O Concello de Ames e a Federación Galega de Atletismo organizaron onte domingo 17 de marzo a quinta edición do Trail Andaina Ribeiras do Tambre, que arrincou ás 10:00 horas na Ponte Maceira. Dende alí, os corredores do trail afrontaron un percorrido de 16 quilómetros ata as instalacións do Real Aeroclub de Santiago, en Piñeiro. Cinco minutos despois comezou a proba para os inscritos e inscritas na andaina, que tivo unha ruta algo máis curta, duns 15 quilómetros. Consulta os resultados ao completo premendo nesta ligazón.

No trail longo o primeiro en parar o tempo no foi Manuel Piñeiro Fiel, do C. A. Cambados Seguros Noval, que gañou a categoría absoluta masculina ao rematar a proba en 1:12:04. Na segunda posición quedou Alberto Carou, do Club Atletismo Pino, cun tempo de 1:26:18, e terceiro foi Sergio Requeijo, de Atletismo Arenteiro, cun tempo de 1:26:21. Na categoría absoluta feminina, a gañadora foi Apolonia Bermúdez, que conseguiu unha marca de 1:41:15, seguida de Nerea Castro, cun tempo de 1:46:47, e de Lucía Peon, de Atletismo Arenteiro, cunha marca de 1:50:30.

Por outra banda, no trail curto o primeiro posto na categoría absoluta masculina foi para Óscar Guerra, do Club Atletismo Cambados, cun tempo de 42:13. O segundo posto foi para Jesús García, do Triki Team, cunha marca de 42:49, seguido de Manuel Romero, cun tempo de 44:43. O primeiro posto na categoría absoluta feminina foi para Paula Fernández, da Sociedad Deportiva Compostela Atletismo, que fixo un tempo de 45:34. Na segunda posición quedou Sabela Martínez, do equipo Os Corredores do Inferno, cunha marca de 56:35, seguida de Lucía Taboada, da Sociedad Deportiva Compostela Atletismo, cun tempo de 57:10.

En canto á clasificación por equipos, no trail longo o C.A. Cambados – Seguros Noval revalidou o seu triunfo da última edición, cunha puntuación de 208, conseguida ao sumar os postos dos seus seis mellores clasificados. O equipo Entrenarunning foi segundo, con 404 puntos, mentres na terceira posición quedou a Sociedad Deportiva Compostela Atletismo, tamén con 404 puntos. Pola súa banda, o Club de Atletismo Independiente A Estrada foi o gañador do trail curto con 55 puntos, seguido da  Sociedad Deportiva Compostela Atletismo con 56 puntos, e do Club Atletismo Millaraio con 244 puntos.

A entrega de premios realizouse nas instalacións do Real Aeroclub de Santiago
A entrega de premios tivo lugar na parroquia de Piñeiro, nas instalacións do Real Aeroclub de Santiago, onde finalizou a proba. Alí acudiron representantes do Goberno local e dos grupos políticos con representación na Corporación municipal. Recibiron galardóns os tres primeiros clasificados absolutos de ambos trails, o 3 primeiros clasificados de cada categoría e mailos 3 primeiros clubs da clasificación do trail (tanto longo como curto). Houbo un agasallo técnico pola súa participación tanto para os participantes no trail como na Andaina.

Ademais, entregáronse premios especiais aos 4 primeiros equipos federados. Para elo tomouse como referencia os 6 primeiros clasificados/as de cada equipo, a suma dos seus postos (no caso de empate tomouse como referencia o 6º/ª mellor clasificado/a do equipo e os equipos puideron ser mixtos).

Apolonia Bermúdez e Manuel Piñeiro, gañadores absolutos do V Trail e Andaina Ribeiras do Tambre

Multimedia

  • Apolonia Bermúdez e Manuel Piñeiro, gañadores absolutos do V Trail e Andaina Ribeiras do Tambre