- Tematica
O xoves 4 de abril terá lugar o relatorio “Saúde mental: ansiedade e depresión. Claves para unha boa saúde mental”. Será impartido por Alberto Ramos Caneda, psiquiatra da Unidade de Saúde Mental de Carballo. Nesta xornada ofreceranse algunhas recomendacións para reducir o risco de padecer ansiedade, depresión ou mesmo pensamentos suicidas, así como para prestar unha maior atención ao noso benestar individual a través do autocoidado, especialmente importante no caso das mulleres. Será ás 19.30 h, no local social do Centro Cultural Mahía de Bugallido. A entrada será libre ata completar aforo
A Asociación Veciñal de Bugallido, en colaboración co Centro Cultural Mahía e a Sociedade Agraria de Bugallido, Ortoño e Biduído, organiza ao longo do mes de abril un ciclo de xornadas sobre saúde baixo o lema «Mes da saúde en Bugallido». O ciclo, que consta de catro xornadas, contará coa participación de recoñecidos expertos en benestar emocional, prevención de cardiopatías e alimentación saudable; así como na relevancia da investigación científica no ámbito da saúde.