- Tematica
Pódese solicitar praza nas escolas infantís municipais de Ames, a partir do día 1 de abril, para os nenos e nenas que teñan entre 3 meses e 3 anos. A documentación que hai que cubrir e presentar para tramitar esta solicitude pode descargarse na páxina web conciliames.gal, ou ben recollerse nas propias dependencias das escolas, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Unha vez cuberta a documentación, esta poderá entregarse a través da Sede electrónica do Concello de Ames ou de xeito presencial nas escolas, tamén de 9:00 a 14:00 horas.
Ao rematar o prazo de preinscrición publicaranse tanto na web municipal como en conciliames.gal e nos taboleiros das escolas infantís as listaxes provisionais de admitidos/as. Haberá un prazo para presentar posibles reclamacións. Posteriormente, entre os días 1 e 17 de xuño abrirase o prazo de matrícula.
Para obter máis información, as persoas interesadas poden dirixirse aos propios centros: a EIM O Bosque, situada no nº 28 da avenida da Peregrina; e a EIM A Madalena, localizada no nº 16 da praza da Madalena, no Milladoiro.
Así mesmo, tamén se pode chamar aos números de teléfono 682 497 369 (EIM O Bosque) e 981 538 433 (EIM A Madalena), ou empregar os enderezos electrónicos eibertamirans@concellodeames.gal e eiamadalena@concellodeames.gal.