Solapas principales

A asociación Menais celebrou esta fin de semana o I Mercado do Maio

Lunes, 06 de mayo de 2024

O Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, acolleu esta fin de semana a primeira edición do Mercado de Maio, unha iniciativa organizada pola asociación Menais co obxectivo de promover un modo de vida máis respectuoso coa comunidade e o medio natural. Desenvolveuse os días 4 e 5 de maio, e contou con música en directo, un mercado e diversas actividades e obradoiros para toda a familia.

A asociación Menais, situada en A Garea (parroquia de Agrón), celebrou esta fin de semana o I Mercado de Maio no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Ata alí se achegaron o alcalde de Ames, Blas García, e a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, para coñecer de primeira man esta proposta.

Durante as xornadas do sábado e o domingo as persoas que se achegaron puideron desfrutar de varias iniciativas que tiñan como finalidade fomentar a reconexión coas raíces e tradicións culturais galegas, intimamente ligadas á natureza, para promover un modo de vida máis respectuoso coa contorna.

Obradoiros, mercado e música en directo
A proposta de obradoiros estaba pensada para tódolos grupos de idades, polo que estaba integrada por una oferta diversa, aínda que houbo obradoiros específicos para infancia. Dentro as actividades propostas houbo dous obradoiros caninos, impartidos por unha educadora profesional, un taller de reanimación cardiopulmonar e atención ao atragantamento infantil, ou un obradoiro de plantas comestibles.  

Por outra banda, tamén houbo un mercado de produción, venta de artistas e produtos locais, ademais dun mercadillo de segunda man con obxectos de diferente temática. Así mesmo, os máis pequenos puideron desfrutar dun stand de pintacaras. Todas estas propostas estiveron amenizadas con música tradicional galega, interpretada por Serxio Estévez.

Desde a organización fan unha valoración moi positiva desta primeira edición do Mercado do Maio: “A pesar do mal tempo, houbo bastante afluencia. A xente animouse a vir, e implicouse tanto no mercado como nos obradoiros, nos que participaron arredor de quince familias”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "El Mercado de Maio exalta en Bertamiráns cultura y artesanía"

A asociación Menais celebrou esta fin de semana o I Mercado do Maio

Multimedia

  • A asociación Menais celebrou esta fin de semana o I Mercado do Maio
  • A asociación Menais celebrou esta fin de semana o I Mercado do Maio
  • A asociación Menais celebrou esta fin de semana o I Mercado do Maio
  • A asociación Menais celebrou esta fin de semana o I Mercado do Maio
  • A asociación Menais celebrou esta fin de semana o I Mercado do Maio