- Tematica
O pasado sábado, 25 de maio, celebrouse en Negreira a XII edición da Copa AkaiRyu, un campionato organizado pola escola homónima. Nesta ocasión, a escola amesá Dokkodo participou con sete deportistas, que obtiveron un total de nove medallas.
Esta competición contou co aliciente da participación de integrantes da selección nacional nas diferentes categorías e de deportistas doutras comunidades autónomas, o que asegurou enfrontamentos de moi alto nivel.
Na modalidade de kata, na categoría alevín masculino Martín Campos obtivo o bronce e Xián Blanco fíxose coa prata. Na categoría benxamín masculino, Tiago Blanco conseguiu o primeiro posto. Nesta modalidade tamén competiron Bruno Varela, na categoría alevín masculino, e Raúl Rodríguez en cadete masculino.
Pola súa banda, na modalidade de kumite, Martín Campos, Jadel Rodríguez e Santiago Ribas fixéronse co bronce nas categorías alevín masculino >34kg, infantil masculino >40 kg e xuvenil masculino >42kg respectivamente. Outros dous deportistas da escola obtiveron medallas de prata: Xián Blanco, en alevín masculino >34kg, e Raúl Rodríguez, en cadete masculino >63kg. Nesta modalidade, o ouro en categoría alevín masculin >34 kg foi para Bruno Varela.
Os resultados acadados pola escola Dokkodo nesta competición sitúanos no sexto posto da clasificación.