Solapas principales

O amesán Alex García imponse na categoría elite do Gran premio Concello de Ames de supercross 2024

Lunes, 10 de junio de 2024

O Motoclub Ameixenda, en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da Coruña, organizou este domingo, 9 de xuño, unha das probas de supercross da Galicia League. O Gran premio Concello de Ames é un evento deportivo a nivel autonómico, non oficial, non federado, de acordo coa actual normativa galega do deporte segundo a Lei 3/2012. Nesta proba que se desenvolveu no circuíto SX Alex de Moure, situado no lugar do Vilar na parroquia da Ameixenda, participaron os mellores pilotos de supercross de toda Galicia. O piloto amesán, Alex García, gañou en categoría elite. Na categoría de féminas a gañadora foi Aroa Castromán Figueira. Participaron 51 pilotos repartidos en sete categorías, dos cales remataron 48. Descarga as clasificacións da proba.

O bo tempo acompañou para o desenvolvemento do “Gran Premio de Supercross Concello de Ames 2024”, que contou cunha gran afluencia de público no circuíto SX “Alex de Moure”. A proba comezou ás 8:30 horas coas verificacións técnicas e administrativas, continuando cos adestramentos libres e de clasificación. A partir das 15:30 horas desenvolvéronse as diversas carreiras por categorías.

Esta proba, que se desenvolveu no circuíto SX Alex de Moure, na parroquia da Ameixenda, forma parte dun campionato de supercross e motocross a nivel autonómico, denominado “Galicia League, Crono Racing”, que conta cun total de seis probas, nas que participan os mellores pilotos de supercross de toda Galicia. A través desta proba trátase de potenciar o deporte de base na modalidade do supercross e motocross.
 
Os participantes inscritos na proba estiveron divididos en sete categorías diferentes: pro, elite, amateur, 85cc, 65cc, 50cc, e féminas. Participaron 51 pilotos repartidos en sete categorías, dos cales remataron 48.

Cómpre destacar que na categoría elite gañou o piloto amesán, Alex García, mentres que en féminas a gañadora foi Aroa Castromán Figueira. Na categoría de 50cc impúxose Enzo Outón Pereira; na categoría 65cc o gañador foi Thiago Rodríguez; na categoría 85cc gañou Iván Vidal Pérez; na categoría amateur o campión foi Manuel González Rodríguez; e na categoría pro o mellor piloto foi Román Pérez, que foi campión de España e Portugal.

O circuíto SX “Alex de Moure” acolleu unha vez máis o desenvolvemento deste xa clásico Gran Premio do Concello de Ames. O recinto, de máis de 19.000 metros cadrados, conta cun amplo aparcadoiro gratuíto, situado a escasos metros da pista de competición, e cunhas condicións óptimas tanto para a práctica do deporte como para contemplación desta modalidade deportiva.

Novas relacionadas:

Ames Go: "Alex García imponse na categoría elite do Gran premio Concello de Ames de supercross 2024"

O amesán Alex García imponse na categoría elite do Gran premio Concello de Ames de supercross 2024

Multimedia

  • O amesán Alex García imponse na categoría elite do Gran premio Concello de Ames de supercross 2024