- Tematica
O centro de ioga Zona Zen, en colaboración do Concello de Ames a través da concellería de Promoción da Saúde, organiza unha xornada de ioga para celebrar o día internacional desta disciplina. A actividade terá lugar o venres 21 de xuño no parque do Ameneiral (Bertamiráns), en horario de 19:00 a 20:30 horas. Para participar é preciso inscribirse. O custo da inscrición son 6 euros, cos que se agasalla un boleto do Sorteo do Ouro de Cruz Vermella.
O ioga é unha práctica física, mental e espiritual de tradición antiga orixinaria da India. Na actualidade practícanse varias modalidades, e número de practicantes aumenta cada ano en todo o mundo. Así, en recoñecemento da súa popularidade, o 11 de decembro de 2014 a ONU proclamou o 21 de xuño como o Día Internacional do Ioga, para concienciar á poboación sobre os seus beneficios.
Para celebralo, o vindeiro venres 21 ás 19:00 horas, o centro Zona Zen organiza unha actividade de ioga no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Na súa organización colabora o Concello de Ames, a través da concellería de Promoción da Saúde. A entrada ten un custo de 6 euros, que irán destinados a Cruz Vermella.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través desta ligazón, ou de xeito presencial a mesma tarde da actividade no parque do Ameneiral.