Viernes, 22 noviembre, 2024
- Tematica
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a novena acta do proceso selectivo dunha praza de oficial de obras e servizos básicos polo sistema de concurso-oposición. Trátase de prazas por concurso-oposición do art. 2.1 da lei 20/2021 incluídas na oferta extraordinaria de emprego público de 2022 (estabilización). Previamente publicáronse os anuncios publicados no BOP de catro procesos selectivos para cubrir as prazas de estabilización de emprego temporal incluídas na oferta de emprego público de 2022 por concurso-oposición.
En dito anuncio resólvense as alegacións presentadas ao exame. Dous candidatos empatan en puntuación polo se realizará un sorteo o vindeiro martes, 26 de novembro, ás 10.00 horas, na sala de usos múltiples da Casa do Concello.