Solapas principales

Participa nas actividades deportivas e terapéuticas de verán: taichi, ioga, camiñadas e aquagym

Martes, 25 de junio de 2024

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde, organiza unha nova edicións das actividades deportivas e terapéuticas de verán que se desenvolverán en Bertamiráns e no Milladoiro durante os meses de xullo e agosto. As actividades de ioga e taichi impartiranse en horario de mañá, mentres que a actividade de aquagym e as camiñadas serán en horario de tarde. As actividades son gratuítas, e non é necesaria inscrición previa.

A Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde acaba de publicar unha nova proposta de actividades para os meses de xullo e agosto. Deste xeito, impartiranse actividades de ioga e pilates en horario de mañá, mentres que polas tardes haberá aquagym e camiñadas no solpor.

A actividade de taichi terá lugar do 1 ao 10 de xullo, os luns e mércores. No Milladoiro impartirase na contorna da piscina municipal do Milladoiro, ás 10:00 horas, mentres que en Bertamiráns será nos xardíns do Pazo da Peregrina ás 11:30 horas. A duración da actividade é unha hora, aproximadamente. Nestes mesmos espazos e nos mesmos horarios se ofrece ioga terapéutico entre o 15 e o 29 de xullo, os luns e  xoves.

Por outra banda, a actividade de ioga será os mércores e venres de xullo na piscina descuberta de Bertamiráns, mentres que os martes e xoves impartirase nos xardíns na piscina descuberta do Milladoiro. En ambas localidades dita actividade impartirase ás 10.00 horas. En ambos casos, é obrigatorio levar esterilla para participar.

Por outro lado, as sesións de aquagym terán lugar durante o mes de xullo os martes na piscina descuberta de Bertamiráns, e os xoves na piscina descuberta do Milladoiro. O horario será de 16:00 a 16:45 horas.

Para rematar, en agosto desenvolverase a actividade “Camiñando no solpor”. Será os días 8 e 22 no Milladoiro e o 29 en Bertamiráns. En ambas localidades o punto de encontro será o centro de saúde, ás 20:00 horas.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Bertamiráns y O Milladoiro tendrán taichi, yoga, aquagym y caminatas en julio y agosto"

Participa nas actividades deportivas e terapéuticas de verán: taichi, ioga, camiñadas e aquagym

Multimedia

  • Participa nas actividades deportivas e terapéuticas de verán: taichi, ioga, camiñadas e aquagym