Solapas principales

>Contacontos "Contos con susto para durmir a gusto"

Miércoles, 30 octubre, 2024
Ás 18:00 horas

O mércores 30 de outubro, ás 18:00 horas, Vero Rilo e Sonsoles Penadique chegarán ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns con "Contos con susto para durmir a gusto". Dirixida a nenos e nenas a partir de 3 anos, trátase dun pequeno roteiro nocturno cunha sesión de narración oral e música chea de susto, medo e humor para vivir en familia na véspera do Samaín e aprender a rir do medo.

É precisa inscrición previa, entre o 23 e o 29 de outubro, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal.