Martes, 26 noviembre, 2024
- Tematica
Os Concellos de Ames e Brión poñen en marcha unha nova edición do obradoiro de emprego Renova. Os obradoiros duais de emprego son programas públicos de formación e emprego nos que os traballadores/as desempregados/as participantes reciben cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou interese social.
Este obradoiro está sufragado a través dunha subvención, concedida aos Concellos de Ames e Brión por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, da Xunta de Galicia, para o financiamento dos custos de formación profesional para o emprego. O obradoiro de emprego dual Renova VI terá unha duración de 9 meses e formará a 20 alumnos/as traballadores/as.
O Concello de Ames fai públicos os anuncios coa resolución de reclamacións e resultados definitivos do proceso selectivo do persoal directivo e docente e do alumnado - traballador do Renova VII.