Solapas principales

Iria Martínez Mosquera, do CEIP Agro do Muíño, premiada na convocatoria escolar de educación primaria do certame "Territorio Vákner"

Lunes, 11 de noviembre de 2024

A amesá Iria Martínez acadou o quinto premio neste certame literario organizado polo Concello de Dumbria e La Voz de Galicia que, ano tras ano, mantén viva a lenda deste ser mitolóxico galego.

A lenda do Vákner
Dise que, hai moitos anos, unha bruxa moi velliña intentou crear algo que dera moitísimo medo para espantar aos peregrinos que non tiñas boas intencións coa nosa terra.

Pero de vella que estaba, a pobre non lembrou o conxuro máxico para facela, e creou a un ser chamado Vákner. Cando se decatou de que non daba nin un chisquiño de medo decidiu soltar a criatura no bosque e crear o rumor de que era súper arrepiante.

Cóntovos isto porque era a miña veciña, e eu mesma estiven na súa creación. A verdade é que un pouquiño de medo dá, pero iso de que mide catro metros... Como moito dous e medio!

Os seus ollos eran como os dun lobiño pequeno e inocente, os dentes non eran afiados, unha criatura moi fracucha. Pero, xa sabedes, agora con isto dos móbiles, televisións e redes sociais, a bruxa suxeriulle aos demais veciños e veciñas da aldea que se podía subir ao ti to e ao isagram, que era como lles chamaba ela, un vídeo non que dixera que viran ao Vákner.

E, claro, como todo o mundo o creu, todos estaban aterrorizados avisando a familiares, fillos ou amigos de que unha criatura enorme estaba solta por Galicia.

Moitos peregrinos decidiron non facer o Camiño de Santiago por se morrían comidos polo Vákner. E todas estas catástrofes só pola culpa da miña veciña bruxa! Pero a ela, coma sempre, non lle importaba nada. Por iso mesmo non tedes que fiarvos nunca das redes sociais. Nunca saberedes se é unha velliña á que, está claro, lle falta un parafuso.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Os premios Territorio Vákner afianzan o futuro para a escrita: 'Cada obra vosa engade patrimonio cultural' "

Iria Martínez Mosquera, do CEIP Agro do Muíño, premiada na convocatoria escolar de educación primaria do certame "Territorio Vákner"

Multimedia

  • Iria Martínez Mosquera, do CEIP Agro do Muíño, premiada na convocatoria escolar de educación primaria do certame "Territorio Vákner"