- Tematica
O alcalde de Ames e responsable da área de novas tecnoloxías, Blas García, entregou os diplomas dos cursos de iniciación á informática e de administración electrónica nos que participaron 18 persoas. Estas actividades impartíronse na aula AMTIC, situada na Casa da Cultura do Milladoiro, durante os meses de outubro e novembro. Estes cursos estiveron dirixidos a persoas con coñecementos básicos de informática e os seu principal obxectivo foi facilitar a utilización de medios dixitais, para que as persoas asistentes superen as barreiras dixitais e se sintan cómodas e seguras no seu uso.
A aula AMTIC acolleu a organización de dous cursos de iniciación á informática e de administración electrónica nos que participaron 18 persoas. Primeiro, do 9 de outubro ao 21 de novembro, impartiuse un curso de iniciación á informática para adultos que estivo dirixido a persoas maiores de 18 anos. Impartiuse os mércores e xoves de 10:00 a 12:00 horas.
Posteriormente, no mes de novembro comezou un novo curso para adultos. Do 27 de novembro ao 5 de decembro impartiuse o obradoiro de administración electrónica. Impartiuse os mércores e xoves de 10:00 a 12:00 horas.
Na entrega de diplomas o alcalde de Ames e concelleiro de Tecnoloxías da Información e da Comunicación, Blas García, indicou que “o obxectivo principal desta oferta de cursos é que sexan útiles para a veciñanza, por iso xiran arredor de cuestións tan importantes como a iniciación á informática ou o uso da administración electrónica”.
Estes cursos estiveron dirixidos a persoas con coñecementos básicos de informática e os seu principal obxectivo foi facilitar a utilización de medios dixitais, para que as persoas asistentes superen as barreiras dixitais e se sintan cómodas e seguras no seu uso.
A programación da Aula AMTIC continúa durante o mes de decembro con cursos para persoas adultas e nenos/as. Premendo nesta ligazón podes consultar dita programación.